Debería facer un post para cada cousa, pero debido ó meu deastroso carácter e á falta de tempo ahí van...tres en un.
1. THE KILLERS.Mañá marcho a Barcelona a ver un concerto. Espero á volta compartir con todos vos historias e fotos increíbles.
2. LES LUTHIERS.As entradas foron o agasallo de cumpleanos para o meu pai, que lle encantan. Onte fumos a velos, o espectáculo é como todos os deles, imprescindible e necesario para unha vida con sentido do humor. Amo a estos músicos, compositores e inventores de instrumentos dende que máis ou menos tiña seis anos. Con cada chiste sigo rindo como a primeira vez e iso que desta volta "Los premios Mastropiero" era unha función nova, os únicos dous números repetidos estiveron moi refrescados con contos e historias novas. Eu doulles as 5 estrelas.
3. OS ZARES.Foi o noso Concerto do sábado 14 de marzo, o sábado pasado, en "Casa Ardá".
Paseino en grande recordando cancións dos Rolling, Elvis, Los Brincos, El Dúo Dinámico...
Un repertorio sesentero pero que facía bailar a todo aquel que entraba pola porta, a pesar da idade dos membros do grupo que se amosaron animados e como si tiveran quince anos.

Por certo xa que comencei falando do meu caracter desastroso, remato co mesmo tema, como quedei sin batería a foto sacouna a miña querida amiga Ana, asi que é roubada pero con permiso.
Asi que aquí tedes as miñas tres propostas do mes, espero que vos animedes en algunha ocasión a velos para deixarme as vosas opinións.