26 abril, 2009

O LOCH NESS

O Lago Ness.

Xa estou de volta, a realidade agardaba por min no aeroporto da coruña, con forma de cansancio acumulado, fartura de chocolate e revistas sensacionalistas e poucas ganas de volver a rutina do día a día.
Na miña viaxe coñecín o Lago Ness, a cidade subterranea de Edimburgo, o castelo de Stirling que foi tomado polos ingleses e recuperado por William Wallace.
Durmin nunha preciosa igrexa habilitada, na que os baños estaban nunha cripta.
Viaxamos polas estradas escocesas polo lado esquerdo, vendo as Highlands ou terras altas nevadas pola ventanilla.
Tomamos té, e almorzamos english breakfast, xa de volta en Londres.

Porto de Edimburgo.

De volta, na casa, e xa pensando outra vez na próxima escapada.

03 abril, 2009

PECHADO POR VACANCES


Mañá marcho a Londres, logo a Edimburgo, continuo a ruta por Inverness (preto do Lago Ness) e aquí deixamos o futuro, un pouco, en mans da aventura. Xa noto que me invaden esas ganas de coñecer mundo que aínda medran máis cando un chega ó aeroporto.
Ata a volta!!!!!