10 junio, 2009

AHÍ VEN O BOI:

Outro ano máis, temos unha cita obrigada en Allariz, para celebrar a Festa do Boi.
Con parada imprescindible no Zirall para beber o licor café, na orquesta das "bragas amarelas" para botar uns bailes, no Roi Xordo a tomar unhas copiñas e xa de madrugada, chamar a Paquirrín e a súa nai para que nos leven no taxi a descansar unhas horiñas para pola mañá ir a correr co boi, paparotar no xantar..... e xa no serán, disfrutar da festa da auga e berrar cas charangas nas portas das casas "en esta casa non pagan auga", para que a xente que está arriba tire caldeiros, usen mangueiras e artiluxios para regar a todos os que pasamos por debaixo.
Eu, como todos os anos, estarei alí disfrutando da fermosura de Allariz, vendo a vellos e novos amigos, escoitando berrar iso de "ahí ven o booooi"!!!!!!