21 enero, 2010

PARABÉNS IRMÁ

Xa son 26 aniños os que cumple a miña irmá hoxe 21 de xaneiro. Trocou as cores vermellas e verdes do semáforo pola raia negra nos ollazos e polos vestidiños ideais, pero no fondo sigue a ser a mesma rabuda de sempre, a que lle comía a miga as barras de pan sen que se notase, deixandoas baleiras por dentro, a mesma que mordía as caixas dos vinilos do meu pai, a que xogaba conmigo día e noite, a que choraba para que lle puxeran falda todas as mañás antes de ir ó cole, a que facía conmigo bailes, actuacións e películas caseiras, telediarios e trucos de maxia.

Cando sabes que estou nerviosa e pasando por malos momentos, fasme compañía e durmes conmigo. Mil grazas dende os pompóns azulgrana dos meus zapatos ata o gorro que levo na cabeza.

6 comentarios:

  1. Parabéns para a irmá-compañeira :-)

    Bicos.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Deberíades ir vestidas sempre así. Estades juapísmas as dúas!!!

    Felicitacións para a rabuda logho.
    Bicos para ti

    ResponderEliminar
  3. Que foto tan chula!
    Parabéns para túa irmá, eu tamén facia eso co pan e choraba pq queria levar falada ou vestido tódolos días.
    Bicos para as dúas! E bo día de cumpre par a irmá de Vintxu.

    ResponderEliminar
  4. Obrigada irmá!!!
    Vamos vellinhas!!!
    Cánto te quero diorrr miiiioo!!!

    ResponderEliminar
  5. Grazas Antón...si que é unha boa irmá-companheira a que me tocou.

    Chousa...eu xa vou vestida así normalmente, o de pallasa é o meu traxe dos domingos, parece mentira que non caeras na conta...

    Bolboreteira, seguro que a ti non te chamaban Jorgito. Esa era a verdadeira razón pola que a minha irmá pedía falda todas as manhás!

    Sabe quérote!

    ResponderEliminar
  6. Pois moitas felicidades a tua irmá,mais vale tarde que nunca.

    Agora xa rillaralle as tapas dos cedes,non je je je.

    Grazas polo comentario xa estas fichada.

    Saúdos dende o Condado

    ResponderEliminar

Benvid@ o monstruo das bolachas.
Grazas polo teu comentario
Un saúdo de Vintxu.