23 abril, 2008

O DÍA DO LIBRO

Hoxe é o día do libro, por esa razón vou a falarvos dos meus dous libros favoritos.
O primeiro é de literatura xuvenil, chámase "Cuando Hitler robó el conejo rosa" devoreino con doce anos e recoméndollo a todos aqueles que non o leeron. A autora é J.Kerr.
O segundo é "La mujer habitada" de Gioconda Belli.
Cando era pequena o día do libro era unha festa no cole, o salón de actos enchíase de libros e en cada mesa había debuxos e murais que facíamos cada curso. Entre que pintábamos os murais, recortábamos, e colocábamos todo, xa pasaba o día enteiro sen "tocar un libro" (dos de texto, claro está, porque dos outros tiñas ante ti un universo de aventuras, historias e as mil maravillas)
¿Que dous libros levarías ti a unha isla deserta?

6 comentarios:

Esther dijo...

ola guapérrima!!! pois eu levaría "Nada" de Carmen Laforet e "Sempre en Galiza" de Castelao. Xa me pasarei por eiquí de cando en vez a postearte. Xa te agrego nos favoritos do meu flog!!!

un bico que che fure a cara!!!

La del medio de las Grecas dijo...

O do coello rosa recordo que tamén me impactara moitísimo. De feito, é un deses libros dos que sempre te lembras. Eu a unha isla deserta levaríame un par de libros ben gordos e deses que se saben que son bos. Algo así como "A montaña máxica" de Thomas Mann que xa empecei a ler un par de veces pero que me quedo atrancada porque sempre aparece outro polo medio, e "El conde de Montecristo", que aínda que xa o lin é un clásico deses en que gañan os bos e perden os malos, e iso sempre resulta reconfortante –aínda que na vida real case nunca pasa–.

Sabela dijo...

Pero vamos a ver alma cándida, todo o mundo sabe que a unha illa deserta levarias Tiempo de Silencio, así que basta de mentiras!!
Veña, eu levaríame 100 anhos de soledad que aínda o tenho sen empezar e o Ulises de Joyce que ese da para moito!!
Sorte co blog!!
bicos putita!!

vintxuca dijo...

No es cierto, Tiempo de silencio no!!! antes prefiero la muerte que volver a leer ese libro ay dame venenoooooooo!!!

José Antonio Del Castillo dijo...

por iso de estar nunha illa "O Señor das Moscas" de William Golding, e "Robison Crusoe" de Defoe

cocorroto dijo...

eu levaria o librillo de smoking.