07 mayo, 2008

PARA SABELIÑA

Sabeliña estaba na clase cando notou que ao empurrar coa lingua un dente abaláballe. E non lle doía. Chiscoulle o ollo a Xacinto, a quen lle caera un había tres días, e pensou que non había estar moi guapa sen o seu dente. Decatouse a mestra e ofreceuse a sacarllo. Foi por un cabo de fío de coser, dobrouno ao medio, enrolouno nos dedos e fíxolle unha lazada. A rapaza abriu a boca canto puido, sentiu un tirón e... xa estaba sen el. Enxaugou a boca en agua con sal e secou as bagullas. Mesmo parecía que os compañeiros lle tivesen envexa. A mestra díxolle que o deixase debaixo da almofada porque un rato habíalle traer un galano.Esa noite non daba durmido, pendente da chegada do rato, até que o sono foina bicando nas pálpebras... e foi co gato mirar o buratiño dos ratos no faiado. Alí, un ratiño louro discute cun rato groso pois os dous queren o seu dente. Pero aquel reclámao pois fixo un anel para a rapaza con moito traballo. E consegue quedar con el.Entón espértaa a nai. Alza a almofada e alí está o anel que ela quería. Tan feitiño. E dille á nai que llo trouxo un ratiño louro.

Relato galardoado co primeiro premio no concurso "Contos para nenos" da Agrupación Cultural O Facho no ano 1973, publicado na edición colectiva Contos pra nenos, en 1979.Edición especial en formato álbum a cores, que se vendeu conxuntamente co xornal do día.

3 comentarios:

Sabela dijo...

Definitivamente na foto vese cal é o meu mellor perfil. guapisma!!
Qué tal vintxu? proxima actualización
Antía y los Michelenos!!
y entonces llegó el doctorrr manejando un cuatrimotorrrr!!

vintxuca dijo...

y saben lo que pasó??
noooooooooo
todas las brujerías del brujito de buru bu
se curaron con la vacu con la vacunaluna luna lu

pd-era antía y los minchinales pro gracias

Sabela dijo...

Eran los michinales??? y qué son michinales?? weno tampouco sei o que son os michelenos!!

Un país sin cultura es un país que le pica el ojete. (Rosa León)
NO NOS VAN A QUITAR LA ILUSIÓN!!

Bicos wapa.