06 mayo, 2008

QUE VEN O BOI


Hola a todos!!! Xa estamos en maio, e este 23-24 e 25 é a festa do Boi en Allariz a que é obrigado ir coma todos os anos.
Nela disfrutaremos do "servicio de Taxis de Paquirrín y su mamá" no cal, méteste no taxi e se hai control, baixan a un ou dous para que o taxi non leve xente de mais, e logo volven a por ti se quedaches tirado nunha estrada perdida entre Allariz e arredores. Paquirrín, que mide polo menos 2 metros de largo e ancho, comunicase dende o seu taxi co taxi da sua nai, que lle chama cousas como "osito", "pequeñín" informandose un e outro dos citados controis de alcoholemia, tamén coñecerás a moza de Paquirrín se tes sorte, xa que vai con él sentada no taxi,vamos, que ven no lote, veñen do botellón e cando te deixen no destino, volven de novo as festas de Ourense que veñen sendo nas mesmas fechas.
Danche unha tarxeta que pon RE-LLAMADA GRATUITA danos una llamada perdida y te RE-LLAMAMOS GRATIS.
Pero isto non é o mellor, temos a orquesta das bragas amarillas, o licor café, a empanada, e moitas outras cousas.
Por exemplo:
O sábado da fin de semana anterior ó xoves de "corpus", ten lugar dende "A Barreira", lugar situado na parte de arriba do pobo, xunto á igrexa de San Benito e o Convento, a denominada Proba do Boi. Este é o primeiro Boi que se percorre, este día tradicionalemente serve para probar se os bois son aptos para correr e ver si son moi perigrosos ou non.
VENRES DO BOI:
Ó ser festivo local, este día esta cheo de actividades, tanto para cativos coma para maiores, habendo carreiras do boi pola mañán, mediodía e tarde. Charangas e gaiteiros amenizan o día con pasarrúas e a procesión da purrela levanos deica noite onde unha orquesta fai as delicias da xente deica altas horas da madrugada.
SÁBADO:
Este día tamén conta con carreiras do boi pola mañán, ó mediodía e pola tarde. As charangas percorren as rúas da vila nun ambiente festeiro e unha orquesta continua con diversión pola noite. importante a procesión da auga na que non podes quedar seco, a xente lanza auga dende os balcóns con mangueiras, caldeiros e todo tipo de utensilios inimaxinables o berro dos que están abaixo "en esta casa non pagan auga", para os que desexen turismo sexual, é nesta procesión onde se fai CAMISETISMO.
DOMINGO:
Para os que teñan forzas o domingo do boi percorrese o boi ó mediodía e durante preto de 2 horas pola tarde, é o que se chama o maratón do boi. Seis bombas anuncian a saída inminente do boi e unha soa a fin da carreira.
E AQUÍ TEMOS O PROGRAMA DA FESTA 2008:
Venres, 23 de maio
07:30
Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30
CARREIRA DO BOI
12:00
CARREIRA DO BOI INFANTIL
12:30
Pasarrúas coas Charangas
13:00
Treboada dos Zés P'reiras
13:30
CARREIRA DO BOI
19:00
Procesión das Argolas, dende Santo Estevo, coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio

Treboada dos Zés P'reiras
20:30
CARREIRA DO BOI
21:00
Rolda de Viños coas charangas e gaiteiros
00:30
Gran Folión na barreira coa Orquestra "SUPER T"
00:30
Música na Praza Maior, KASSOUM (MUSICA AFRICANA + DANZA), DJ IVAN DZ e FESTICULTORES LIVE!

sábado, 24 de maio
07:30
Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30
CARREIRA DO BOI
12:00
Pasarrúas coas charangas NBA xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
13:00
Treboada dos Zés P'reiras
13:30
CARREIRA DO BOI
18:00
Pasarrúas con Xarín, gaiteiros do Incio
19:00
Procesión da Purrela, dende o Eiró, coas Charangas COMPANGO e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
20:00
Treboada dos Zés P'reiras
20:30
CARREIRA DO BOI
21:00
Rolda de Viños coas Charangas e gaiteiros
00:30
Música na Praza Maior con MELECH MECHAYA (PT) E DJ TYPSY GYPSY
00.:30
Gran Folión na barreira coa Orquestra "IMPACTO"

domingo, 25 de maio
11:30
Procesión Relixiosa do Corpus coa Banda de Alongos
12:30
Pasarrúas con TAMEGA e COMPANGO
13:30
Treboada dos Zés P'reiras
13:45
CARREIRA DO BOI
18:30
Treboada dos Zés P'reiras
19:00
MARATÓN DO BOI
20:30
Embiste do Meco
E despois a gran resaca!!!
Que o disfrutedes.
A HISTORIA DO BOI:
Din as lendas que a corrida do Boi tivo a súa orixe nunha malfeitoría da colonia xudía que vivía na parte da vila que recibía o nome de Socastelo. Parece que os xudeus deran na teima de atrapalla-la celebración pacífica da procesión do Corpus, saíndo ó seu encontro cando as imaxes e o cortexo dos fieis se acercaba ó Socastelo, camiño da igrexa de Santo Estevo. Insultaban á xente, facían mofa das imaxes e dos símbolos relixiosos, metíanse cos curas e cos monagos, e todo remataba de mala maneira. Non se podía dicir que houbera mortos, pero feridos habíaos a eito. Aquilo tíñase que gobernar, pero niguén sabía como. Entón é cando aparece Xan de Arzúa, home de conviccións relixiosas, ó que lle molestaba profundamente o comportamento dos xudeus, por iso, e para pór fin a este, decidiú saír un ano ó lombo dun robusto touro enmaromado e suxeitado polos seus criados que ían provistos de sacos con formigas e cinza para tirar á cara dos xudeus irrespetuosos, que ó ve-la actitude decidida deste home desistiron na súa. En recordo deste acontecemento, tódolos anos pola festa do Corpus, corríase un touro enmaromado polas rúas da vila, para o que Xan de Arzúa deixara parte do seu capital en terras, coas rendas pagábase o alugueiro do boi e dábase de beber ós mozos do sedeño. O Concello administraba os bens, sufragaba os gastos do boi e da festividade do Corpus.
A VERDADEIRA HISTORIA DO BOI:
Xoan de Arzúa era un xudeo que foi o que trouxo o queixo de arzua a Allariz, onde non existía este alimento tan preciado e de camiño de volta veu nun boi.
Esta é a verdadeira historia creada por Susín na misma plaza onde se colga o boneco de palla de Xoan de Arzua.

4 comentarios:

Sabela dijo...

Tengo academia el viernes 23 hasta las 7, viva!! a qué hora salimos para allí??
entaluegados

Greca dijo...

Ponte las bragas amarillas, que te quedan de maravilla, ponte las bragas al revés, y empezamos otra vez.... Sae o boi pola mañá, pola mañá sae o boi....

vintxuca dijo...

sae o boi pola mañá e pola noite saio eu...

Anónimo dijo...

sabela, saimos ás 6, jejeje