30 mayo, 2008

LOS CONEJITOS SUICIDAS:

Tal día como hoxe, 30 de maio, nacía no 1948 Salvador Puig Antich, revolucionario e último asesinado polo garrote vil do réxime franquista. Morría Juana de Arco a mans da igrexa en Ruán (Francia) no ano 1431. E xa, un dato de menor relevancia, o 30 de maio do 2008, Vintxuca aburrese tremendísimamente tras a mesa da súa oficina, reflexionando sobre como están algunhas empresas actualmente, pregutandose para que existen os convenios, se un venres pola tarde, que o convenio de despachos e oficinas especifica que non se traballa, alí está ela as 16.53, morta de sono e co cansancio de toda a semana.

Bueno, sempre lle queda pensar que hoxe é día 30 e que o día un vai a cobrar...... ah, ¿non? do cinco para adiante, como se as facturas fosen a esperar, bueno apañarase... co 60% do que establece o convenio que ten que cobrar, malo será que non lle chegue para pasar un mes mais.
17.00, o tempo non pasa cando estás a facer cousas arrepiantes, como contabilizar facturas e mais facturas.

Vintxuca pensa que hai, días que é mellor non erguerse da cama, incluso semanas, coma esta,pode que sexa un mal mes, ou incluso un mal ano.

Soa o despertador, colle o coche e marcha a traballar, vai a Hacienda, aparcando no parking leva un golpe con outro coche, ponse a facer o parte amistoso cunha tola berrallona, cando chega a Hacienda pousa o bolso sobre a banda que fai radiografías os teus obxetos persoais e pasa ela polo detector de metais, pita, deixa os pendentes e os aneis, pita, quita o cinturón, volve a pitar, non ten mais que deixar, e non é a moza do anuncio de All Bran que se pon a bailar cando o detector non a deixa pasar, leva un pantalón e un xersei ¿que carallo queren que quite?. ¡Increíble! o que pitaba era o tiket do parking, cola para un lado, colle número como na carnicería, cola para o outro, volve a traballar, sae, vai a comer a casa, ten 20 minutos para lavar os dentes, facer pis e ver un anaco de "Padre de familia", volve a coller o coche, e outra vez a buscar onde aparcar, cando se farta de dar voltas, decide aparcar no que as súas compañeiras chaman "el descampado", porque é un sitio tan chungo que ninguén aparca alí nin borracho , pero nin así, unha ringleira de coches apiñados demostran que outras cen persoas desesperadas, tiveron a mesma idea. Volve cas facturas, os bancos, e as contas, sae de traballar, deixa as súas compañeiras de camiño a súas respectivas casas. As 21.00 ten academia, ata as 24.00 para sacar a asignatura que lle queda para rematar dun postgrado ou "master del universo" do demo, busca onde aparcar cerca da academia, chove que mete medo, sae da clase duas largas horas mais tarde, sigue chovendo, volta a casa, séntase na cama mentres quita o calzado pensando en que pode facer de cea, pero xa nin lle da tempo, cae para atrás co sono.

Pola mañá soa de novo o despertador e con ganas de morrer de agotamento, recorda a canción da serie Friends que todos coñecemos.

So no one told you life was gonna be this way
Your job's a joke, you're broke, your love life's DOA
It's like you're always stuck in second gear,
When it hasn't been your day, your week, your month, or even your year,

You're still in bed at ten, though work begins at eight,
You burned your breakfast, so far things are going great,
Your mother warned you there'd be days like these,
But she didn't tell youwhen the world was brought down
to your knees
Como non lle queda outra, Vintxuca volve a sair da casa para ir a traballar, cunha mazá na man porque non lle da tempo a almorzar.


Para días como este no que un pouco de humor é necesario recoméndovos este libro:



Non é coña, é boísimo!!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mellor quedar na cama.

Anónimo dijo...

(Trident)...mellor quedar na cama

vintxuca dijo...

ata que hora??? jajajaja