27 junio, 2008

EN QUE NARICES ESTADES A PENSAR...

Onte voltaba da casa dos meus pais, para a miña casa na Coruña, o sair da autoestrada e xa chegando o centro, avistei unha marabunta de xente, facendo barullo, na praza de Catro camiños, en concreto na famosa fonte onde o Deportivo celebra as súas victorias (últimamente non moi a menudo). Vacorinho que ía conducindo o meu coche, farfullou algo entre dentes (queixabaste de que non saías moito no blog, pois sinto dicirche que falas "pa dentro" e costa entender o que dís).

Estaban celebrando o 0-3 de España-Rusia, xa que acababa de rematar o partido.

Pois ben, Vacorinho, rosmaba algo como "que busquen outra fonte, esa e a nosa fonte, a fonte do Depor"

Soltei unha risa e fiquei con cara de abraiada. Eu son a primeira que aborrece toda esa "feira" que se montou co "podemos" dichoso, e que non atura ese sentimento patriótico que lle entra a xente cada vez que hai unha Eurocopa, un mundial, uns Xogos olímpicos ou incluso unha lamentable Eurovisión.

E precisamente porque son galega pregunto a cerca do Deportivo... ¿que clase de equipo é ese do que tanto presumides?, ¿Cantos xogadores galegos hai? Coloccini, Bodipo, Filipe Luis, Taborda, e un longuiiiisimo etc....galegos de pura cepa, penso que son do pobo de Lendoiro.


¿E que coño protestades porque os españois van a mollarse a vosa fonte?

Que se mollen, e que afoguen se queren, en Catro camiños, nas Pajaritas ou na praia do Orzán..

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Hai moita xente que se adica este ano a apoiar a selezom espanhola. Hai para tódolos gustos, hainos que levan bandeiras e berran arriba Espanha, hainos que pola contra non tenhen ese sentimento da patria pero animan a Espanha porque ao fin ao cabo é a súa selezom, hainos que a pesar de considerarse republicanos deixan entrever un sorriso cando ven ao rei e á súa familia e pensan: que "campechanos". Eu, sen embargo, aborrezo todo tipo de exaltación a ese país vecinho e como ben dixo o pai dun amigo meu, vou con Portugal por cercanía.

Anónimo dijo...

sí, vintxuca si, hai moitísimos máis galegos no Bilbao, non che digo. Lembrarche que da canteira do Depor sairon, entre outros, Luís Suarez, Amancio ou Acuña, coruñeses, galegos e tres dos mellores xogadores europeos de tódolos tempos. O Depor non é tan só o primeiro equipo, ten infantil, cadetes, xuveniles, fabril, ... onde rapaces de tódalas idades xogan ao futbol. Ademáis de sermos o primeiro equipo do país sen ningún tipo de dúbida (6 títulos estatais, unha semifinal de champions, maior número de socios, de peñas,...). No único que nos gañaba un clube de segunda división que xoga lá polo sur da Galiza era na clasificación histórica da Liga, pero como han botar outro aniño máis na segunda división tamén os pasamos neso.
En canto aos lobotomizados que onte se deron cita en Catro Camiños decirlles que xa que temos un goberno de esquerdas (ou iso din eles) a ver se profundiza un pouco máis no gasto social e lles da unha paga por parvos.
Un saudo.
PD: toureiros, sevillanas e picoletos nunca máis! oficialidade da selección galega xa!

vintxuca dijo...

No da selezón galega tes toda a razón, eso si, déixame tranquilo o Athleti, que é o único equipo no que todos os xogadores en plantilla e en canteira son vascos, coño e iso ten moito mérito. Non hai españois!! son todos de alí, tiñamos que seguir o exemplo. E non vou a enumerar os crash que sairon do Athleti porque non acabamos nunca. Por certo noraboa pola paternidade. Tes unha filla preciosérrima!!!!!!!!

Anónimo dijo...

É certo que no Athletic son todos bascos: da canteira da Erreala, do Osasuna, do Alavés, do Eibar,...

vintxuca dijo...

O que queiras pero non son españois

Esther dijo...

tou dacordo

Anónimo dijo...

UNHA NACIÓN UNHA SELECCIÓN!!!

http://www.siareirasgalegas.org/principal.php?pag=inic

Anónimo dijo...

radicales Coño!!!!!!

vintxuca dijo...

Como que radicales, acaso sae a tua vena fascista, Gazania???
Polo único que me alegro que ganara a selección é pola cara de lerdos que lles debeu quedar os que criticaron a Luis Aragonés por non convocar a Raúl e a Guti,(españois, madrileños e insoportables co tema de que teñen que ir de titulares e non de suplentes, por ser eles quenes son... )e levar a Pujol e ao mozo de Nuria Ber. Fixo ben. Porque esto pareceme unha feira. Sabías Gazania, que onte na celebración había xente co aguilucho na bandeira de España???