23 junio, 2008

A NOITE DE SAN XOÁN

Cachela de San Xoán, debuxo feito por Castelao

O día de San Xoán é o día máis longo do verán, e a noite é a máis máxica do ano, (é o chamado solsticio de verán)
O domingo apañei ca miña nai as famosas herbas de San Xoán.
Para facer un feixe como é debido é necesario:

- Herba Luisa (verbena olorosa): Recolliana as mozas casadeiras a partir das doce da noite, é por eso que o nome de verbena extendeuse a todas as celebracións nocturnas, usabase para facer ritos e conxuros amorosos, a Herba Luisa ten propiedades dixestivas.
- Margarida de San Xoán: Limpa a cara de grans e cicatrices.
- Romeu: Din que é unha pranta máxica, que serve para depurar e protexer, din que ulir a súa madeira conserva a xuventude, que é tónico e fai medrar o pelo, antes queimabase cando había enfermos na casa.
- Fiuncho: Protexe do mal de ollo, axuda a ter boa saude e para manter lonxe as carrachas hai que levar unha ramiña no zapato esquerdo. Usase para lavar os ollos.
- Bieiteiro (as flores chámanse tamén luvas da bruxa ou luvas de fada) Espanta os sapos e as serpes, e quita a tos.
- Pasiflora: é relaxante.
- Roseira: é boa para a pel.
- Estalotes: Pendurabanse nas portas para espantar as meigas.
- Malva: Serve fundamentalmente para as picaduras
Tamén pode botarse codeso ou xesta, nogueira, trovisco, carballo...

Este feixe hai que deixalo toda a noite en auga de sete fontes, ó sereno, para que colla o orballo da noite de San Xoán, e poder espantar as meigas, o mal de ollo, e o máis importante, para estar guapa/o todo o ano. Esta auga, na que estiveron a remollo as herbas, tén propiedades manciñeiras, máxicas e ademáis libra das envexas. O malo é que tamén as bruxas fan usanza da auga destas fontes. Miden e reparten a auga de cada veciño, e cando queren facer mal a un deles, botanlle auga polo lombo.

Pero non son so as bruxas as que din que andan soltas nesta noite milagreira, senon tamén os encantos, moitos dos cales non se deixan ver máis que no mencer de San Xoán .Por eso ten coidado cando volvas de retirada, non teñas medo dos espiritos que podes atopar polo camiño.

Se as mozas meten certas herbas debaixo do cabezal poden ver en soños ó home con que van casar. Pódese saber a sorte dun ausente colgando no leito herbas de San Xoan e vendo pró outro día si están verdes ou si secaron.
A tona que deixan as herbas e flores de San Xoan na auga é un dos
misterios máis extranos e máis poéticos da noite de San Xoán.
A flor da auga é a que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como si fora a tona, e moitas cantigas populares din, que foi traida por un paxaro no peteiro.

Para limpármonos dos conxuros, cómpre saltar un número impar de veces (pero nin 1 nin 3) por riba da rachoeira, cada vez dun lado. Aos nenos pásanos dos brazos da madriña ao padriño.

Por suposto temos que comer moitas sardiñas e cachelos, e disfrutar da noite, ainda que sen pasarse, que mañá hai que traballar, eso si, vou a ir ben fresquiña pola mañá, ca cara ben lavadiña con auga e herbas, como sempre, dende nena, que xa a miña nai nos lavaba a miña irmá e máis a min, nada mais erguernos. Eso si, vai a ser auga do grifo, que é a que teño, porque o das sete fontes pareceme algo complicado, eso si, como arrecende toda a casa... ASÍ DA GUSTO.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Que pases un feliz día de San Juan y disfruta de las fallas!!! Me ha gustado tu rinconcito
Salu2.

vintxuca dijo...

Gracias por la visita, y por el escaparate :)
me estoy volviendo una alumna aplicada jajaja.

Anónimo dijo...

Que pasa co san Pedro? é o dia 29...bo dia para a famosa sardiñada que este ano foi imposible.

vintxuca dijo...

Tamos invitaus polos Corcubión boys pero como Oli vai ese finde a Barcelona, imos pasar, e asi tamén descansamos. Xa comeremos sardiñas, que temos todo o verán para facelas.

vintxuca dijo...

Por certo onte Gazania recordoume que no ramallo de herbas falta a menta. jejeje!