11 junio, 2008

UN MUNDO AL REVÉS

YO PARA SER FELIZ QUIERO UN CAMIÓN




A Plataforma para a Defensa do Sector de Transporte de Mercadorías por Estrada convocou para a medianoite do día 06 de xuño unha folga debido ao encarecemento dos combustíbeis.

As súas reclamacións céntranse en defender unha norma que garanta un prezo estable do carburante.
Esta primeira folga comezou cun paro xeral indefinido en todo o Estado.

Hoxe lein que a folga está tendo escasa incidencia e seguimento en Galiza, sen embargo, esta mañá fun encher o depósito (cousa rara en min que boto 10,20 € de cada vez) e atopei duas das filas onde paran os coches para repostar, pechadas, cos típicos conos de cor vermella, e nas mangueiras uns plásticos con frases como "fora de servizo", "esgotado", ademáis nos supermercados xa non hai froita, así que o da escasa incidencia faime algo de gracia.

Concentración en Porto
Os camioneiros portugueses uníronse á oleada de protestas que están a ter lugar tanto en España como ao longo de Europa. Uns 400 camións e 300 empresas concentraronse en Porto, onde levaron a cabo unha marcha lenta contra os altos prezos do petróleo.

A verdade é que o precio da gasolina está desorbitado e o medo ao desabastecemento está a aumentar de xeito espectacular o número de clientes nas gasolineiras.


A AMPLIACIÓN DA XORNADA LABORAL



Foto de arquivo: De esquerda a dereita Marizó, Vintxu e Zai. A dereita de todo, "O riccis" (o noso jefe) dicindo "monto un circo y me crecen los enanos"

Outra noticia recente que me ten preocupada é a da ampliación da xornada laboral.

Os Ministros de Traballo da UE, reunidos nun consello extraordinario en Bruxelas, non alcanzaron un acordo para desbloquear a reforma da normativa que regula a semana laboral, xa que cinco países (España, Francia, Italia, Grecia e Chipre) formaron unha minoría suficiente para bloquear a reforma.O principal obstáculo da reforma é unha cláusula que permite superar as 48 horas a través dun acordo entre o empresario e o traballador. Para desbloquear a modificación da Directiva, Finlandia presentou unha proposta que mantiña a semana laboral de 48 horas con excepcións, que permitirán alcanzar ata as 60 horas. (O que nos faltaba).
De aprobarse a reforma que están a negociar os ministros de Traballo dos Estados membros, a quenda laboral dos traballadores veríase ampliada até 65 horas semanais. Previsibelmente, a reforma sairá adiante logo de que algúns países que se opuñan a medida, como Italia, Francia ou Portugal, cambiasen de postura.

O mais forte de todo é que eliminaríase calquer acordo cos sindicatos para poder flexibilizar esa cifra nalgúns casos (surrealista)

Que máis... remataremos todos uniformados como os presos pasando a noite no traballo, que é o que nos falta despois de estar alí metidos todo o día.

EL HOMBRE VIENE DE LA PATATA




En fin Serafín, seguindo a misma liña de noticias que ata agora, mañá contareivos o caso dunha pataca de Arizona que criou a unha familia enteira de vexetarianos que non tiñan raices, a pataca chamabase Jennifer-Cecilia e proviña dunha especie en perigo de extinción (los mineros de Arkansas, que tiña a sua sede na sua capital, Little Rock, a cal posteriormente pasouse a Luisiana, Estado co que limita).

Jennifer-Cecilia, foi unha heroína por ser capaz de sacar a flote a 5 fillos, un pai, unha nai, e tres cuñados fuertemente desfavorecidos, e por eso debemos estar agradecidos, e non volver a comer puré de pataca, e moito menos pataca fretida (eso sería ensañarse).
Así que xa sabedes, enchede os depósitos dos vosos coches, facede horas extras, pero nunca comades patacas. Que xa o dicía a Trinca. "Vaya con el Darwin tanto dar la lata, si el hombre viene de la patata"






1 comentario:

Anónimo dijo...

caralho, iso máis cunha pataca era un patacón! cajonaconaquemeparíu