09 julio, 2008

ACHÉGASE O MEDIEVO

A Feira Medieval de Corcubión coincide este ano o 18, 19 e 20 de Xullo, sacade as vestimentas, que ahí vamos. Eu xa teño localizado o meu atuendo de "mesonera furción" de todos os anos, pero antes terei que probalo porque non sei eu se este ano non necesitarei unha talla máis.

Tras dous anos soplando as 17 e 18 velas entre postos de artesanía e de bolos preñados, este ano vou a ter que esperar dous días máis. (Vale.... eran 27 e 28, pero case non se nota a diferencia), porque o meu cumple xa non cuadra na fin de semana, cumplirei os 29 a golpe de martes.
Pero como para iso aínda faltan dúas semaniñas centrémonos na medieval. Este é o cartel, que moi amablemente, enviou Yaguiño para presentar o evento.


Espero non acabar metida nunha gaiola con Sabela e de ruta turística polas calles de Corcubión, xa me chegou a experiencia do ano pasado, cando dous forzudos medievais con cara de malas pulgas agarraron a miña irmá, que non soltaba o meu brazo, e a meteron nunha gaiola, así que por suposto, por moito que intentei opoñerme, o máis alto, dun chimpo meteume a min tamén. Mentres esto ocurría, Vacorinho y Renata berraban dende fora frases do tipo de "Que las quemen" ou "A la hoguera", todo seguindo unha liña totalmente surrealista. O mellor foi cando meteron a Sabe, caeulle unha sandalia, e o tipo que suxeitaba a parte de atrás do carromato colleuna do chan e guindouna dentro da gaiola como se fora unha cousa noxenta.

Así que, non faltedes este ano, porque a cousa promete.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

teño que mirar polo disfraz, de hoxe non pasa

vintxuca dijo...

Pois xa sabes, ponte a buscar, eu marcho a praia.

Sleepless in Compostela dijo...

siempre es bueno tener nuevos lectores en el blog, así que estás invitadísima a volver cuando quieras y comentar lo que te apetezca, que siempre es bueno saber las opiniones de la gente.

Estuve viendo en tus posts que fuiste al concierto de la bersuit. Me encanta!!!! No moriré sin escuchar "Mi caramelo" en vivo!

Yo también me lo paso muy bien con la música que ponen en el ambiente... pero a veces la gente me desespera.

vintxuca dijo...

Han pasado cinco años
asumiste las cosas, hace tiempo que estoy
buscando mi verdadero yo.
Hay una especie de simbiosis
lo dijo mi psicóloga, haría bien a la
terapia alejarme un tiempo, unos setenta años.
Como estas querida, tengo esposa e hijos
de vez en cuando hablo con ella....
Mi caramelo la cantaron en el último concierto, jejeje!!!