24 julio, 2008

XOGANDO AS BONECAS

Aínda recordo cando xogaba cas bonecas, a miña sempre se parecía a Kelly a de Sta Barbara ou a Romy Schneider cando facía de Sisi Emperatriz. Despois tiven a época moderna e quería parecerme a Olivia Newton John cando rizaba o pelo e se despendolaba toda cantando "you´re the one that I want" con John Travolta.
As miñas bonecas sempre eran moi independientes, tiñan 16 anos, estaban casadas e con fillos, tiñan casa propia, non pagaban aluguer, nin tampouco unha hipoteca e nunca estaban sen coche, antes de descubrir o descapotable da Barbie, que tiñan as miñas veciñas, habilitáballe o autobús de playmobil. Sentada e cas pernas para adiante, era como o que agora ten un sin carnet.
O martes cumplín 29, son unha anciana para a miña Barbie malibu, estou solteira e sen fillos, Bimba non conta, teño que aguantar a "Mr Borne" tocando o carallo todos os días na oficina, e non podo pasar as tardes de compras, ligando con Ken e sentada no chalet da Chabel, que por certo quedábame algo escaso. Non teño esas tetas tan erguidas, nin camiño de puntillas.
Cando saio pola noite, volto feita un cuadro, póñenseme os pelos electrizados e a maquillaxe aseméllase a da novia cadavere.


A Sisi Emperatriz nunca lle pasaría tal cousa cos seus ollos ideais, con esa sombra de ollos azul ceo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pero que me estás contando............, no tendrás envidia de la cincuentona Barbie no??? Nosotras con nuestros 29 somos unas pimpinas a su lado, además tendrá las tetas tersas y las piernas largas y definidas pero no levanta ni un palmo del suelo. Y eso de andar de puntillas todo el rato!!! por dios, debe tener unos juanetes la mar de favorecedores oiga.........En definitiva vintxuca, somos jóvenes, somos juapas como soles, tenemos mucho y gran futuro por delante, que le den a la Barbie (es que yo era más de Nancy, tenía las tetas más pequeñas pero un jran pelaso,jejejeej)