03 julio, 2008

A BERSUIT VOLVE A SANTIAGO

Hoxe as 22.00 vou, por fin, a poder disfrutar dun concerto do meu agrado, despois do tremendo sacrificio que fixen "o día da música"
cando tiven que aturar os alaridos do meu "Voldemort" particular, (xa sabedes de quen falo, do que non pode ser nomeado).
Vou a ver por segunda vez neste ano a: Gustavo Cordera (voz), Daniel Suarez (coros), Carlitos Martín (batería), Juan Subira (teclado), Oscar Righi (guitarra eléctrica), Pepe Cespedes (baixo), Condor Sbarbatti (coros) e Alberto Verenzuela (guitarra e coros).
Así que xa sabedes, se queredes algo divertido, esta noite na Sala Capitol de Santiago, non vos perdades a actuación desta banda arxentina, ainda estades a tempo...

O seu último disco conta ca colaboración de Andrés Calamaro, de Carlos “La Mona” Jimenez e do Sindicato Arxentino do Hip-Hop.

Merece a pena velos xa que é todo un espectáculo, teñen, entre moitos outros premios, o máximo galardón da música arxentina: O “Gardel de Oro a la música”, asi que ....
que vos cunda, e para os que non podades ir, mañá mesmo teredes a Tricia Takanawa retransmitindo as novas do que aconteceu.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

agardo toquen menos borrachos que a última veza

vintxuca dijo...

O Alberto Venezuela tirandome as púas da guitarra, jejeje, que borrachera... tiveron que botarlle a bronca porque tocaba cando non era.

Anónimo dijo...

oeoé oeoeoá de la cabeza con bersuit vergarabat!!!