14 julio, 2008

CULTURA QUENTE



Esta fin de semana fumos ata Caldas de Reis, lugar onde se celebrou "Cultura Quente".

Alí disfrutamos os concertos de Koacha, Café Tacuba, The Sundays Drivers e Vetusta Morla.

Teño que agradecer, en primeiro lugar, a Jorge e a "Marron" a súa adopción durante as dúas horas que perdín a todos os meus.

A estos dous novos amigos de Santiago, que me surtiron de cervexa e caramelos, unha aperta moi grande.

O señor Albornoz de Tranfución tamén fixo acto de presenza, pero non estaba moi falador, segundo dixo, estábase reservando para a feira medieval de Corcubión, ademáis de estar afónico perdido.

E para rematar, a sorpresa final, Vacorinho e a miña irmá levaban toda a semana falando da actuación de un tal "Sr X", na noite do sábado, que foi a noite que fumos pra o festival.

Lord Voldemort podería ser o "Sr Xoel", pero eu estaba tranquila porque sabía que actuaba o venres. Xa sería o colmo que o fixera dous días seguidos, nin nos meus peores pesadelos!!!

Pero entonces, sucedeu, a actuación resultou ser o sábado. Non o podía creer, mentres Vacorinho tapaba ca man o titular do xornal onde estaba a ver a noticia, unha sensación de impotencia percorría o meu corpo.

A boa noticia, a xira "cortate las venas" remata en novembro, se fago un esforzo e deixo de acudir a festivais ata novembro, teño unha probabilidade dun 0,0000 de volver atoparme a aquel "o cal non debe ser nomeado".

En principio, o venres 18, aturuxará en Noia, lonxe de min, os freakis de Vacorinho, Oli e Sabe, alá van a velo, pero eu estarei no medievo, onde ainda non existían as guitarras eléctricas, nin os micros.

O mellor, a actuación de Budiño, que estivo impresionante, e os bocatas de chourizo asado.

O peor, o prezo das bebidas e ter que ver de novo ao "Sr X"

Por certo, recoméndovos esta páxina a todos aqueles que sexades fans de Deluxe.Ides atopar cousas moi interesantes.
http://commonpeoplemusic.com/xoel-strikes-back/

E aquí tedes o enlace para descargar as fotos. Disfrutádeas.

http://malasideas.wordpress.com/2008/07/14/cultura-quente/

http://malasideas.wordpress.com/2008/07/14/fotos-cultura-quente/


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Vintxuca, hipócrita, víronte en primeira liña do escenario de Deluxe collendo sitio media hora antes de comezar o concerto, perdendo de paso a actuación de Vetusta Morla. Vintxuca no existe, é un alter ego de Xoel, algo así como Norman Bates e a súa nai.

vintxuca dijo...

Non mintas,"que te crece la narizzzzzzzzzzzz" nin Juandedios está bo nin a Vintxuca lle gusta Deluxe.

Anónimo dijo...

vintxuca, mira o que atopei, penso que pode ser do teu interese:

http://www.clubdefansdexoel.es.vg/