01 julio, 2008

DISFRUTAR O FIN DA DICTADURA CA BAIXA POR MATERNIDADE

Seguro que todos recordades aquela historia que vos contei do estado de fascismo no que estaba vivindo vai casi para dous anos, esta dictadura rexíase por un sistema de puntos. Supoñíase que cando eu acadara os 20 puntos, podería ter un gato.
Eu estaba acostumada a ter gatiños, na casa dos meus pais xa tivera 3: A Nalha, o Tigre e o Miu (o vintxú), e apetecíame ter un na Coruña, porque fan moita compaña, e porque adoro os animais, así que accedín, inconsciente de min, a firmar este acordo do sistema de puntos, que consistía en que eu podería ter gato/a o chegar ao acordado, como cando trocas o telefono móvil. Os dichosos puntos acadábanse con tarefas da casa, a maiores das que a min me correspondían no reparto "fifty-fifty" de convivencia habitual.
Este contrato foi unha chapuzada dende o principio, xa que ninguén falara dos puntos negativos, eso non foi o peor, penso que o mais forte foi que a máxima puntuación que cheguei a acadar foi un -6, e non era por non facer cousas.
Este estado de represión cada vez iba a peor. O meu Hitler-Franco-Mussolini de todos os Santos quitábame puntos por todo, por deixar o bolso sobre o sofá, media hora, antes de marchar outra vez a traballar, por deixar as zapatillas diante do armario en lugar de metelas dentro (porque ca recua de botas de inverno, non me collían), porque a roupa non secaba (eso era culpa miña seguro) e non tiña calcetins... un desastre.
A miña avogada, e compañeira de traballo, Zai, vendo a tremenda inxustiza, aconsellábame cousas para conseguir aumentar puntos pero non había maneira nin de acercarme ao cero.
Fixen campaña, se vedes os meus comentarios en "malas ideas", ou no blog de Vane levo chorando polo micho ano e medio, polo menos, e a miña amiga Maruchi, apoiandome sempre.
Para acadar os nosos obxetivos, fundei un pequeno sindicato "pro-gato" no que cada vez mais xente solidarizábase ca miña causa. Como protesta empregábamos frases como "Vacorinho fascita!!!, Queremos ghato xa!!! a culpa de quen é, a culpa é do PP", e un longo etc...
Os puntos anotábanse nunha pizarriña de propaganda de seguros, que me deu Zaida, na asesoría donde curramos, e que se pega na neveira. O encabezado poñía "Ranking gatuno" e o final, unha anotación cun debuxo dun gatiño (en plan recochineo total) que poñía "gato: 20 puntos". O mes pasado, en pleno ataque de rabia mandei os puntos ao carallo.

Pois ben, dentro de 22 días estou de cumple e o venres pasado, Maru e Carmen, POR FIN!!! reuniron o valor suficiente e reveláronse contra o gran dictador, traendome a casa, unha micha pequerrechiña de cor marela. ¿Recordades cando o Gato con botas de Shrek poñía cara de "miserias"? Pois é cuspidiña pero con 3 centímetros máis en cada orella.


Así que... Xa son mamá!!!! Agora so necesito a baixa por maternidade para celebrar ben a gusto o fin da dictadura, pero...conformareime ca xornada de verán que comenzo hoxe 1 de xullo.

7 comentarios:

Vane dijo...

Enhorabuena por tu maternidad, me alegro mucho del fin del fascismo, yo también tengo un fascista hitleriano con el tema del tabaco, pero no creo que yo pueda acabar teniendo una plantación.
No me gustan los gatos pero ya es cuestión de principios, de lograr lo que quieres más que el gato en sí.
Disfruta de la micifú y edúcala lo suficiente para que no se cruce delante del coche de una buena persona que va a trabajar tranquilamente

Anónimo dijo...

Se a vida desa gatiña depende de ti, DEP, morrerá de fame, de sede ou de noxo.

Anónimo dijo...

Non te pases, que agora somos unha familia! ¿como a cuidei ata hoxe... eh??? si me adora, escoita a miña voz e ven fostiada.Ademáis son eu a que lle da de comer, a que lle limpa a area e a que a defende de ese monstro ruidoso do aspirador.

Greca dijo...

Agora a vosa a casa pasa a ser casa con animais. Iso significa que a gata vai andar por aí pegándose á xente cando fagades unha festa ou subíndose no colo dos invitados que estean no sofá.... Dánme escalocalientes só de pensalo. Que grima!!!!!! Non o podes meter nunha gaiola cando teñas invitados? Ou nunha caixa de cartón con buratos?

vintxuca dijo...

Vale Greca cando te teñamos de "invitada" manteremos a pequerrechiña alonxada, pero que sepas que ata lle cortamos as unllas, e ten un mes, é unha "mixiricas" ademáis a pobriña tenlle medo a todo o que se move ou fai ruido.

Esther dijo...

oooooh!

vintxuca dijo...

Ves, con eso, xa saería disparada