08 julio, 2008

Muuuuuuuuuuuuuuuuuu

Gústame erguerme o sábado sobre as once da mañá (cando non saín o día anterior), abrir a fiestra e ver unha raioliña de sol, deixar entrar un pouco de aire fresco e camiñar descalza pola casa, co pixama posto. Estirarme ben e facer un almorzo típico de un día "vacuno", e dicir, un día no que o único que fas é o vaca: comer, durmir e rumiar algunha frase cando é necesario. Tostadas con manteiga e marmelo de amorodo (que é o único que me gusta), zumo de laranxa exprimido (o de bote está prohibido) e café ou nesquik nas tazas vacunas que me regalou a miña irmá. Por certo enana, cando acabes cas opos espero que te veñas uns días para poder facer o vaca xuntas, que o mereces, eu fago o almorzo.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

todo moi rico, pero para sábado merca croissants, jejeje

Anónimo dijo...

Encántanme eses Sábados (e Domingos tamén) cando non se está de resaca que te levantas tarde e te fas un almorzo que te alimenta xa para todo o día. O zumo mellor natural, pero co vaga que son provei todos os de bote a ver cal se parecía máis, e xa o atopei, Don Simón con pulpa, facilísimo e rapidísimo, e non moi barato todo hai que decilo. Cando teña o meu Dúplex con superterraza invítote a almorzar conmigo tomando o sol, para min tamén a mermelada de amorodos é a mellor, e de La vieja fábrica aínda mellor.

vintxuca dijo...

soyuz, mercaos ti, que eu este venres salgo cas coaga-girls e o sábado vou a necesitar coidados intensivos e croissants, bueno mellor esas magdalenas de chocolate tamaño XXL que venden o lado da casa.
Doutora, acepto a túa invitación, non sei dicir que non a unha superterraza soleada.