04 julio, 2008

ole olá... de la cabeza con Bersuit Vergarabat......

Onte, foi o concerto da Bersuit.
Esta vez sen o pixama típico de hospital de tarados, pero con unha vestimenta moi bersuitera, comenzaron tocando "Qué pasó", o seguinte tema, "Laten bolas", e despois "Mi vida", ata aqui todo entraba dentro da normalidade, a xente coreaba "ole, ole, ole, olá, de la cabeza con Bersuit Vergarabat", e a sala Capitol que parecía que iba a quedar medio vacía, polo tema de ser xoves (moitos dos que fumos traballamos hoxe), comenzou a encherse.
O despiporre chegou con "El gordo motoneta", "La del toro", "El viejo de arriba"...


Gustavo Cordera presentou a cantiga "Esperando el impacto" pedíndonos a todos que gardaramos as entradas, porque ao final do concerto sortearíase unha noite con Dani Suárez. Cordera mantiña a esperanza de que esta vez, o premio tocara a algunha rapaza xa que, segundo comentou, dende o comenzo da xira, a sorte favorecía so aos homes.
Despois D. Suárez presentou a Tito Verenzuela que nos deixou encantados con "Porteño de ley" e aquí foi cando o rematar, voltou o seu sitio, deume a man e agasalloume cunha púa da súa guitarra, na que se ve o nome da banda e o signo interrogante que levan nesta xira 2008.



Asistindo a este segundo concerto, non moi lonxe do primeiro, fai nove meses, decateime de que é imposible ver a mesma actuación duas veces, xa que aínda que presentaron a Dani do mesmo modo e fixeron a gamberrada na que Gustavo Cordera chega a casa e dille a súa muller "yo no tomé, los pibes tomaron" e acto seguido bailalle o hare crisna, estos rapaces teñen o mérito e a sorte de poder sair o escenario e escoller calqueira cousa do seu repertorio, porque sempre vai ser aplaudido, asi que, lonxe da rutina, so botei de menos duas cancións "la venganza de los muertos pobres" (co seu ritmo afro), que si a escolleron na anterior ocasión e "negra murguera".
Por certo, tiveron o seu momento solidario con Galiza e o nunca máis, cousa que nin moitos cantantes galegos fan (non falo de ninguén en concreto..... ejmmm Xoel ejmmmm), a verdade é de agradecer, que nos falen, nos miren, nos boten un sorriso poñendo todos os dentes (como din que facía a pantoja)...e continuen co concerto.
Tocan de medo, cantan outro tanto, pero o mellor que teñen, sen dubida, é o grande sentido do humor co que fan as cousas.



Devolvo a conexión a Diane Simmons, digo... a Vintxuca (ainda non estou moi afeita a este novo emprego), retransmitindo dende Santiago De Compostela.
Tricia Takanawa

Agora que xa estou fora de antena,podo poñerme como unha adolescente fan de "Rebelde Way"???
Teño unha púa de Tito, na na na na....

1 comentario:

Anónimo dijo...

No entiendo por que cuando Dani Suárez me abre la puerta de su casa y me dice "condor pasa" todos se descojonan.

Condor, o mellor, ti si eres grande GUAPOOOOOOOOOO!!!!!!!