28 agosto, 2008

CASIMIRO

Este post vai adicado na súa totalidade ao meu amigo "O Ame que lame", que depois de tantísimos meses de sufrimento dos seus seres queridos cada vez que lle mirábamos a cabeza, decidiu cortar o pelo. Máis de unha hora levoulle ao peluquero "SOLO CORTAR", comentaba onte todo orgulloso na cea.
Teño que reconocer, que para que ti quedes calvo.... pasarán anos e máis anos ata que se te vexa o cartón.
Aquí tes a Casimiro.
¿Como pode ser que non recordes ao bicho que nos mandaba todas as noites para a cama?? A ver se así refrescamos a túa memoria, que polo que vexo, moito espacio, moito pelo pero.... A cantiga era de Siniestro Total. Eu de pequena incluso tiven o boneco, ao que lle metías a man por dentro para movelo.



Fuera calcetines me pongo el pijama recojo la ropa preparo la cama

las hadas y duendes se lavan los dientes con mucha pastita y agua corriente

pequeños infantes chavales pequeños se apagan las luces se encienden los sueños
UH-AH UH-UH-AH
UH-AH UH-UH-AH
UH-AH UH-UH-AH
UH-AH UH-UH-AH.

25 agosto, 2008

O NOVO TRABALLO

Troquei de traballo, é por iso que vos teño tan abandonados, perdín de vista a "Mr Borneiro", o cal é de agradecer, estar sin verlle o careto e os rizos a diario é como estar no ceo.

E por fin pagoume, tarde mal e a rastras, con un mes de retraso, bueno case, con 20 días de retraso, pola súa culpa retrasei o aluguer, xa que os cartos que tiña a maiores empregueinos para o resto das miñas facturas mensuais, así que xa vedes a seriedade do Mr.

Agora doume conta do significado das súas frases máis míticas e recurentes, cando me dicía "hemos quedado como el culo........, soy muy perfeccionista........, aqui las cosas se hacen por las buenas o por las malas y si por las buenas no puede ser...... esta última ven que nin pintada, se polas boas non vai, terei que chamar o sindicato, pero non me vou a quedar sen cobrar un mes de traballo e as vacacións sen disfrutar.

Paréceme increíble, pero así foi, os máis inocentes pensaredes que foi un erro ao facer a transferencia, os que o coñecemos parécenos, canto menos raro que o resto das compañeiras tivesen puntualmente a súa nómina o día 31 de xullo, e que a persoa que lle di que se vai non vexa nin un peso.

A despedida foi de película: Díxome exactamente: "espero que tengas suerte y que continues siempre con esa actitud tan colaboradora con los demás, que es algo muy positivo que tú tienes" , esto debeu costarlle un par de horas pensalo, porque o de dicir algo bo dunha persoa, non é doado para el.

En fin, Mr Borneiro é auga pasada para min, agora a disfrutar do novo curro, aínda que terei menos tempo para o blog, xa que traballo dúas horas máis ao día e xa non teño xornada de verán.

O peor e o de estar sen os meus compañeiros, Oscar María, Zaida María e María Soledad, as tres mellores Marías do mundo mundial.

20 agosto, 2008

O NOVO XOGUETE

Para os que estivéchedes no cumple, este foi o super regalo que nos fixeron os garrulos e que ese día non poidemos estrear porque facía mal tempo... pero para que vexades que lle estamos sacando rendimento, ahí vos vai unha fotuca.

MOLA EEHHH???

16 agosto, 2008

FELICIDADES VACORINHO


Onte foi o cumple de Vacorinho. Sinto moito non poder felicitarte a tempo, pero xa sabes que ultimamente non teño tempo para nada. FELICES 32 PEQUERRECHO!!!

Vacacións



Sinto moito ter o blog tan abandoado ultimamente, pero a miña vida está dando un xiro de 180 graos, xa vos irei contando pouco a pouco.
Para empezar comenzo falándovos das vacacións.
O luns, día 4 comencei as miñas vacacións, marchei tres días a Pombriego, de relax, a ver cousas bonitas, a comer cousas ricas do bierzo e a durmir a siesta antes de baixar ao rio a bañarnos.
Facía moito calor, en Vilafranca estivemos a 44º, asi que o de ver cousas facíamolo pola mañá, "con la fresca" como din alí, o de durmir a siesta, era porque ao mediodía era imposible estar fora, ademáis despois das comidas tan ricas que nos facía "La Pili" había que descansar.

Así que aqui vos deixo unhas fotos das médulas romanas para que vexades que ben o pasamos.

Cando volvimos, marchamos a O Porto (Portugal), outros tres días, con "las rumberas", onde comimos bacalao de todas as formas posibles, tomamos moitas canecas de cervexa e caipirinhas.
As fotos de O Porto xa as colgarei cando Oli volva de París porque as fixemos ca súa cámara.

E así rematou a miña semana fantástica de vacacións, QUE POUCO DURAN AS COUSAS BOAS!!!

02 agosto, 2008

As vacacións de Bimba e Vintxuca


Hoxe é o primeiro día de vacas de Vintxuca e Bimba, erguémonos as tantísimas porque onte comenzaron as festas de Mª Pita na Coruña, porque é o noso primeiro día de vacacións e porque estamos soiñas en casa e imos facer o que nos de a real gana.
Vivan os spaguetty!!
Vivan as latas de trucha!!!

01 agosto, 2008

Gato Blanco, Gato Negro

¿Recordades a peli "Gato Blanco, Gato Negro" de Emir Kusturica?. É unha prolongación de "Tiempo de gitanos".


Tres xeracións de dúas familias reúnense para celebrar unha boda, na que os que van contraer matrimonio, non están de acordo.

Para aqueles que non a vírades, hai unha escea na cal, un dos persoaxes escapa nunha furgalla chea de trastos ata arriba, mentras se lle van quedando cousas polo camiño, o volante, unha roda...

Así levaban o coche "las rumberas" o pasado sábado, cando nos fumos ao "Requetequián". A matrícula pegada con cinta adhesiva, un faro de diante fundido, a parte de atrás chea de colchóns e por suposto a banda sonora de Emir Kusturica.

Nos íbamos no coche de Vacorinho e levábamos a "las rumberas" detrás, pasamos a viaxe debatindo cal era Gato Negro e cal era Gato Branco"... non fumos capaces de sacar unha conclusión.
Onte "las rumberas" marcharon a Ourense para completar a Xira de "aquel que non debe ser nomeado" e despois marchaban para Paredes de Coura ao festival, eu non as vin marchar, pero os que as viron, dixeron que o percal era o mesmo.