16 agosto, 2008

Vacacións



Sinto moito ter o blog tan abandoado ultimamente, pero a miña vida está dando un xiro de 180 graos, xa vos irei contando pouco a pouco.
Para empezar comenzo falándovos das vacacións.
O luns, día 4 comencei as miñas vacacións, marchei tres días a Pombriego, de relax, a ver cousas bonitas, a comer cousas ricas do bierzo e a durmir a siesta antes de baixar ao rio a bañarnos.
Facía moito calor, en Vilafranca estivemos a 44º, asi que o de ver cousas facíamolo pola mañá, "con la fresca" como din alí, o de durmir a siesta, era porque ao mediodía era imposible estar fora, ademáis despois das comidas tan ricas que nos facía "La Pili" había que descansar.

Así que aqui vos deixo unhas fotos das médulas romanas para que vexades que ben o pasamos.

Cando volvimos, marchamos a O Porto (Portugal), outros tres días, con "las rumberas", onde comimos bacalao de todas as formas posibles, tomamos moitas canecas de cervexa e caipirinhas.
As fotos de O Porto xa as colgarei cando Oli volva de París porque as fixemos ca súa cámara.

E así rematou a miña semana fantástica de vacacións, QUE POUCO DURAN AS COUSAS BOAS!!!

No hay comentarios: