25 agosto, 2008

O NOVO TRABALLO

Troquei de traballo, é por iso que vos teño tan abandonados, perdín de vista a "Mr Borneiro", o cal é de agradecer, estar sin verlle o careto e os rizos a diario é como estar no ceo.

E por fin pagoume, tarde mal e a rastras, con un mes de retraso, bueno case, con 20 días de retraso, pola súa culpa retrasei o aluguer, xa que os cartos que tiña a maiores empregueinos para o resto das miñas facturas mensuais, así que xa vedes a seriedade do Mr.

Agora doume conta do significado das súas frases máis míticas e recurentes, cando me dicía "hemos quedado como el culo........, soy muy perfeccionista........, aqui las cosas se hacen por las buenas o por las malas y si por las buenas no puede ser...... esta última ven que nin pintada, se polas boas non vai, terei que chamar o sindicato, pero non me vou a quedar sen cobrar un mes de traballo e as vacacións sen disfrutar.

Paréceme increíble, pero así foi, os máis inocentes pensaredes que foi un erro ao facer a transferencia, os que o coñecemos parécenos, canto menos raro que o resto das compañeiras tivesen puntualmente a súa nómina o día 31 de xullo, e que a persoa que lle di que se vai non vexa nin un peso.

A despedida foi de película: Díxome exactamente: "espero que tengas suerte y que continues siempre con esa actitud tan colaboradora con los demás, que es algo muy positivo que tú tienes" , esto debeu costarlle un par de horas pensalo, porque o de dicir algo bo dunha persoa, non é doado para el.

En fin, Mr Borneiro é auga pasada para min, agora a disfrutar do novo curro, aínda que terei menos tempo para o blog, xa que traballo dúas horas máis ao día e xa non teño xornada de verán.

O peor e o de estar sen os meus compañeiros, Oscar María, Zaida María e María Soledad, as tres mellores Marías do mundo mundial.

1 comentario:

Vane dijo...

pues mucha suerte, todo es ponerse y cambiar y siempre es para mejor.
norabuena, malegro