16 septiembre, 2008

O CARRIL BUS


Por fin temos carril bus en Coruña, un carril exclusivo para autobuses e taxis.

Esto levantou unha grande polémica para todos aqueles que non usan habitualmente o transporte público.

Sinceramente, eu pasei tres anos, mentres traballaba en Matogrande, levando o coche a diario, pero alí dando unha volta ou dez, atopaba sitio para aparcar e non había zoa azul, polo tanto, podía deixar o coche as 8 horas que botaba no traballo, sen que me puxeran catro multas ao día.

Cambio de curro e aparece o problema, non é o mesmo aparcar en Matogrande que en Juan Florez, onde non podo deixar o coche en zoa azul todo o día.

Decido ir en autobús urbano e vexo que entre aparcar aquí e alí ata gaño tempo, poñen o carril bus, o cal é un invento comodísimo e a xente empeza a queixarse. Os pais do colexio de Atocha que deixaban os coches en triple fila na calle S.Juan, xa non poden facer esa maniobra, non poden deixar os coches alí empantanados porque hai un carril habilitado para o bus, cheo de persoas que van a traballar pola mañá, ou que teñen que desplazarse por motivos persoais, ou incluso xente maior que, como a miña avoiña, non pode camiñar moito tempo.

Pero esas cousas parecen dar igual ante a necesidade imperiosa de deixar o coche en triple fila, non para deixar a un neno cinco minutos, senon para ir a ver unha función de fin de curso, como xa nos pasou unha vez a un compañeiro e a min, nunha ocasión que aparcamos diante do Liceo.



5 comentarios:

Anónimo dijo...

hola anti!!que?ya pensabas q no te iba a escribir eh??bueno, ya t tngo agregada en mi reader, asi q ahora ya no t me escapas, jeje, me leeré todo con calma lo prometooo!!!un bico guapísima
Ana

Anónimo dijo...

eu non stou para nada dacordo co carril bus son repartidor e estou ata os collons de crgar da furgo ata o carriño do carriño a tenda etc,etc.

Anónimo dijo...

eu son outro repartidor e tamen tou en contra do carril bus

Anónimo dijo...

mira perdonnaaaa repartidora 1,2 e 3 que eres sempre a mesma, buscate outra excusa, que cando te veñas a vivir para aqui vas a adorar o carril bus e xa queda menos......

Anónimo dijo...

a coruña e de todos e que nin tan sequera o pacocho (quitesewlle todo rasgo afectivo e deixeselle so o final do palabro)atreveuse a tal cousa