17 octubre, 2008

"FUN DE INAGURATION"


A miña empresa levaba moitos meses traballando no Centro Comercial "Dolce Vita" e onte por fin foi a inauguración, así que sobre as 7.30 da tarde pechamos a oficina e marchamos para o polígono de Grela.

Xa estaba medio anoitecendo e estaba todo iluminado, o circo que alí había montado era demasiado. Abaixo de todo estaba Paula Vázquez firmando autógrafos e montaron unha especie de pista discotequera con xogos de luces, fume de cores, láser e música a todo volumen.

A aglomeración de xente era tal, que houbo un momento no cal eu iba pola rampa mecánica con xente pegada a min por todas partes, ao chegar ao final da cinta a xente non daba avanzado e entre a inercia da xente que intentaba ir para adiante, os que viñan detrás, e os que xa estaban fora da cinta parados coma pasmarotes..... máis de un caeu ao chan.

Na planta do medio, había tamén bastante xente, todos maqueados como se foran a un bodorrio, miraban as tendas abertas como parvos.

O catering era no piso máis alto, diante das escaleiras mecánicas había un "Botones Sacarino" que so deixaba pasar a xente con invitación, e dicir, a aqueles que traballaron alí. Así que subimos. Unha señora quedaba abaixo preguntando a berros por que non a deixaban pasar, e aquí foi onde empezou a odisea.

Nada máis chegar un "Sacarino" cunha bandexa chea de copas ofrecíache auga, viño, refrescos ou cervexa, bebendo unha limonada foi cando os meus compañeiros e eu descubrimos tres clases de persoas.

1. Os vellos tiburón: Esta clase de señor, non paraba de moverse por todo o recinto detrás dos seus obxetivos, bandexas con aperitivos, alí donde veías unha bandexa veías detrás unha recua de tiburóns movendose como peixe na auga e sen perder de vista o xamón nin un instante.

2. Ave rapiña: Había unha especie de mesas repartidas por todo o piso superior, o obxetivo dos "Sacarinos" era facer chegar as bandexas as mesas, coma se de un videoxogo se tratase, todo era inutil, as ave rapiñas eran unha clase de señoras que abordaban a todo aquel que intentara poñerse entre elas e os barquillos de paté.

3. Os buitres carroñeros: Aqueles que fartos de intentar pillar cacho, sen éxito, arrepañaban o último cachiño de queixo que quedaba nunha mesa abandoada onde xa non había nin farangullas.

En todo este rebumbio atopeime ao meu profe de Historia do instituto que agora traballa para o Concello e botamos a única parrafada entretida da noite.

Mentras volvía para casa pensei que este circo non debería ser así. Pensei que os que realmente deberían asistir eran os obreiros que estiveron alí metidos 10 horas ao día, currando coma condenados. Seguramente disfrutarían máis do viño, da cervexa e dos pinchos de balde que os pijachos da oficina, e seguramente disfrutarían máis tamén vendo a Paula Vázquez.

Agora estou na oficina, hoxe era a apertura ao público, estou escoitando na radio como se queixa unha señora porque leva 45 minutos intentando sair do parking e non pode polo exceso de xente. E que son listos de carallo....¿A quén se lle ocorre ir hoxe?

E esta foi a miña versión, farta de ver tanta pomposidade e impotente ao ver como por fin de obra 10 dos nosos, con familias que manter moitos deles, van para a calle, deixo que comparedes, a versión da Voz de Galicia é moito máis bonita. Pinchade acolá: http://www.lavozdegalicia.com/coruna/2008/10/17/0003_7232953.htm

21 comentarios:

Esther dijo...

jajajajajaja!!! viches a Alfeirán???
Vaia inauguración! con razón estabas agotada o outro día cando falei contigo por teléfono. Eu xa papei moitas desas, seguro que non tan concorridas, pero con esa fauna que comentas presente.
Frikiplanet poligonero!!!
besiños

vintxuca dijo...

siiiiiiiiii, recordas as súas clases soporíferas, dios mio que épocas aquelas de debuxos nas clases de Cris, cartas nas de Crilín, latadas a historia, jejeje!!!

Estherilla dijo...

quen era Crilín? merda xa non me acordo!!! como podo ter tan mala memoria!!! o outro día estiven tentando acordarme dunha rapaza que viña en clase con nos e non me acordo de seu nome... será posible? por favor, dime quen era Crilín!!!

Iso sí, de Alfeirón non me esquezo.Que pesaoooooooo!!!!!!!!

vintxuca dijo...

Era o fillo de puta de Lingua Española, só recordo analizar sintácticamente frases, e que non fixemos outra cousa??? un curso enteiro facendo frases??. A min botábame fora cada dous por tres. Era igual a petete (o de lingua de primeiro, pero en Cou, e máis calvo)

sabela dijo...

Eu tamen tiven a sorte de conhecer a Crilin (crailo) e a Alfeiron. e sen nengunha dubida quedome co segundo. Aposto o que queirades a que Crailo perdeu o seu longo cabelo cando vos tivo a volas duas de alumnas en clase.
Jooo, vai molar ir a comprar ao centro de Coru este nadal porque suponho que toda a multitude estara facendo bulto nos "poligamos"!!!
querote vintxu

vintxuca dijo...

Pois que sepas que Alfeiretas dixo si,si, dinche clase a ti e a túa irmá, jajaja. En serio!!! Viva Alfe e as súas soporíferas clases.

crilín dijo...

Esixo unha rectificación dos insultos dirixidos á miña persoa, senón denunciovos a todos e chamo a Songoku que vos pegue.

Esther dijo...

jo tía! nin flowers... son do peor!!! e agora vai a prejunta...como se chamaba una rapaza que viña en clase que se sentaba con Natalia Valladares que logo estudiou dereito???? (é o último que sei dela) é que o outro día veuseme a mente e non me lembro de seu nome. E sí, doulle a razón a Sabela, Crilin quedou sen pelo cando te deu clase, Anti. Como a min non me deu...

chaos!

CRILÍN dijo...

Non lle botes morro que si te dín clases de lingua o que pasa e que ti dedicábaste a xogar con moediñas e a contactar con espiritus de fora da clase. A rapaza será Barbara, non??? sentabase por esa zona e logo fixo dereito.

Ana dijo...

hola loquita...así q de inauguración!y aún encima ves al Alfeirán!no me extraña, cdo yo trabajé en la biblio venía a todas las inauguraciones de exposiciones el tío.
A ver cuando nos vemos pécora. Un bico

esther dijo...

jajajajajajajajajaja!!!! mira ti ó Alfeirán!!!!

Cando eu estudaba en Santiago ía as inauguracións do CGAC os xoves para pimplar viño e comer pinchos, que saíamos ceados e cun pedo considerable!!!!

Éste fulano é a hostia, jojojo...

e non, de Bárbara me lembro, pero xa me acordei da rapasaaa. Graciela.

Crilín.... pero Antía, en que curso, porque a min me deu a Chisca...(Isabel Andreolotti.

un besiño e bo día.

Olga (a de inglés) dijo...

Alfeirán, quérote!!! a pesares dos anos e a distancia sigo namorada de ti ata o lunar!

vintxuca dijo...

ESTHEEEERRRR confundes anos, ese sería o teu segundo cou, eu que sei, o primeiro cou estabas sentada conmigo coño!!! jejeje e nos daba ese tio, a min a chisca deume 2º e 3º, en 1º deunos petete as dúas e en cou crilin seguroooo!!! o finde escaneoche as probas e mándochas por mail, pois mira que non temos debuxos de crilin (os teño en Ponte que se non xa chos mandaba pola tarde). Xuntas tiñamos Lingua española, lingua galega, lite (de Cris), Lite (Arcay), historia (Alfe)e comentario de texto (que si me matas non sei quen nos daba porque a eso si que non fun na vida)

Sequeiros dijo...

Olga??? Non fodas....eu tamén estaba namorada de Alfeirán.

Javier De Melo dijo...

lurpias, liscade, Alfeirán e so pra min. ¡MI TESOROOOOO!

Esther dijo...

ostraaaaaaas!!!!! tes razón!!!! joder que eu repetín COU!!!! si que sei quen é... arremecájona O Crilín!

E comentario de texto dábanos Isabel Arcay!

Esther dijo...

ostraaaaaaas!!!!! tes razón!!!! joder que eu repetín COU!!!! si que sei quen é... arremecájona O Crilín!

E comentario de texto dábanos Isabel Arcay!

vintxuca dijo...

Se o chego a saber el lugar de facer o post da Dolce Vita fago un dos profes do insti, jajaja.
Que historias....

Don José Alreirán Chipirón dijo...

A ver que pasa aquí??? Estades insinuando que vou as inaguracións polos pinchos?? Que mal pensada e a tortilla, digo a xente.

vintxuca dijo...

¿o de alreirán é porque tes a boca chea ou porque non sabes pronunciar o apelido?

Cristina Mosquera dijo...

pois a facer un sobre os profes do insti, non sei a que agardas...Xa estás tardando