05 octubre, 2008

A PONTE

O venres currei 12 horas, dende as 8 da mañá ata as 14.30 e de 16.00 a 21.30.

Agotada pero contenta de poder dar por rematado o meu traballiño e de deixalo todo listo ata o mércores, marchei para casa e caín rendida na cama, pero cun medio sorriso pensando nos meus 4 días de relax.

Así foi, o sábado erguínme sobre as 12 da mañá, fixen a bolsa e marchei a vilanchear un pouquichiño. Pasei un finde tranquilo: ler, comer a todas horas, durmir, o sábado incluso fun ao cine a ver a de Wody Allen.

Por suposto, entre as cousas boas que tivo a ponte do Rosario (festivo na Coruña) está a tarta de mazá da miña nai, agora mesmiño fago as presentacións........... aquí a tedes!!




1 comentario:

Anónimo dijo...

Esa tarta de maza esta mordisqueada polo medio e acercando a foto vese mais comida por arriba pola parte onde hai mais mazaiña ,non serias ti,espero.