13 octubre, 2008

A TIPARRA DO AUTOBÚS

Case todas as mañás cando volvo a casa ao medíodía, cunha fame negra, atopo no autobús a unha especie, de estas que deben estar en perigo de extinción, que me saca das miñas casillas, eu chamoa "a tiparra do 11" (o 11 é o autobús), a miña desesperación e tal, que se vexo as dúas liñas que me deixan na casa, chegar a un tempo, collo o 4 aínda que veña detrás.

A tiparra do 11 é unha rapaza duns 30 aproximadamente, sube na miña parada e dedícase a poñerlle a cabeza como un bombo a un señor duns cincenta e pico, con pinta de pintor ou de poeta bohemio, que asinte todo o tempo e non dí nada.

A tiparra é capaz de pronunciar case 10 palabras por segundo e ao mesmo tempo facer uns xestos rarísimos ca boca amosando todos os dentes. Ten o pelo cuns rizos moi pequenos e o leva moi alborotado e se leva coleta no lle importa metercha na boca cada vez que o autobús pega un frenazo, por esa razón eu procuro situarme lonxe dela.

A semana pasada a tiparra explicáballe ao poeta bohemio como aos 6 anos decidira ler o diccionario de latín, con 8 anos os seus traballos de literatura eran de "A casa de Bernarda Alba", penso que en 3º e EXB non tiñamos nin literatura nin lerias, como moito teriamos lingua, pero non o sei, o tema é que tiparra presumía sen parar, entonces o poeta bohemio baixou do autobús e ela segueu co tema, falando en alto e contando ao resto dos que quedábamos alí o gracioso que era o nome de García Lorca, que ela non podía nin escoitalo porque escachaba ca risa.

Outra cousa que me crispa especialmente é que cando a tiparra fala, entérase todo o autobús, porque non ten ningún reparo en berrar aos catro ventos fale do tema que fale.

En fin, as veces é un alivio chegar... aínda que sexa para traballar.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

"A tiparra do 11 é unha rapaza duns 30 aproximadamente"
¿centímetros?

Anónimo dijo...

ó parecer todos debemos ter unha tiparra, eu teño un tiparro, é o azote do barco... polo menos dos que nos sentamos pola parte de diante... non para de berrar, meterse cos mariñeiros, saltar no asento, ocupar todo (seu asento e os do lado) e por riba non lava a boca e cheira que tira para atrás... pero, ai non, non é un teenager non creas, é un señor duns 50 anos que se debeu criar na selva...
xuntémonos contra os tiparros do transporte público!!!
Abaixo ós tiparros do mundo!!!

Anónimo dijo...

si, vacorinho.... 30cm de empanada.

vintxuca dijo...

Eu tamén quero ir a currar en barco, que envexa!!!!!! pero en inverno debe facer un frio!

Anónimo dijo...

Voy a ir a por ti...que sepas que estoy muy locaaaa!!

Greca dijo...

Buah nena!!!! Oíches? En Ferroliño tiñas tiparras e tiparros para encher o bló tódolos días!!!

Anónimo dijo...

Non vai frío en inverno, non, xa está o tiparro para darnos calor a todos...

Anónimo dijo...

sabes que vintxu?a tiparra esta dame a min que é desta clase de persoas que ten que chamar sempre a atención sobre os demais, non terá vida propia sequera...eu coñezo a unha tipa desta tamén (e ti tamén...)jajaja...o noso anaquiño de mundo está cheo de tiparras...
un bico. Ana

Galega Na Varanda dijo...

es que el 11 es un criadero de tiparras, tiparros y niñatos y niñatas. Solo a mi se me ocurrio coger el 11 para ir a mi casa el día que inaguraron el Dolce Vita....buuuuuuu, casi me acabo pegando con pre-adolescentes enferms de las compras y amas de casa garrulas, que aun estando sentadas, protestan porque la gente que va de pie se les arrima demasiado!! Flipas!

En fin, que gran línea el 11...a ver si algún día me encuentro con la tiparra, y si me aburro, hasta le doy conversación!!

Bicos!!

PD: ánimo con el proyecto! a mi me quedan 10 días para entregar la tesina, y la llevo fatal!