30 noviembre, 2008

PARABENS PARA TIIIII!!!

Super Zaida está de cumple, así que esta semana vai a invitarme a un café.... en canto a nosa Marizó se recupere da súa operación dental, imos a celebralo cunha festa por todo o alto, o longo e o ancho da Coruña.
Esta vez seguro que hai ALUNIZAAAAAAAJEEEEEEEEEEEEEEEE!!!!!!!!!!

28 noviembre, 2008

A MEMORIA HISTÉRICA

Hoxe mentras tomaba o café das oito menos cuarto da mañá, leín no xornal que Ferrol, cidade natal de Franco, retíralle os títulos de Alcalde Honorario, Fillo Predilecto e Medalla de Ouro cos que contaba.

A iniciativa foi debatida nun pleno municipal do Concello de Ferrol e contou cos votos do PSOE, IU e o BNG sin embargo os grupos do Partido Popular e Independientes por Ferrol abstiveronse da votación, porque non lles parece ben tratar temas do pasado, cando o importante son o presente e o futuro.

Parece mentira que no 2008 sigamos debatindo estes temas, que si quitamos unha estatua de aquí, ou cambiamos un nome dunha plaza alá.

Franco foi un dictador, privou de liberdades e impuxo o seu pensamento fascista. ¿Que é o que hai que debatir? A estas alturas xa non debería quedar ningún Hospital Juan Canalejo, ningunha Plaza Millán Astray e ningún título de ningún tipo a ese señor, unicamente o de Fillo de.. (de calquera cousa menos Predilecto).

26 noviembre, 2008

BURN AFTER READING


Onte fun a ver "Quemar después de leer" a última dos irmáns Coen (Joel e Ethan, o primeiro ten un nome horrendo), gustoume moitísimo, así que, recoméndovos que vaiades a vela, se non o fixéchedes xa.
Jonh Malkovich é Osborne Cox (Ozzie Cox), un axente da CIA que escribe as súas memorias.
Brad Pitt, que nunca foi santo da miña devoción, fai o papel máis divertido encarnando a un empregado dun ximnasio.
Completan a peli o resto dos protagonistas, cruzando as súas vidas cada dous por tres, moitas veces incluso sen sabelo.
A trama é destartalada, graciosa, enredada e as veces sen sentido, pero merece a pena vela.

23 noviembre, 2008

MALAS MÚSICAS

Xa temos camisetas de MM (Malas Músicas) aquí podedes velas pero enlace por se algún de vos quere facerse con elas é o seguinte http://malasmusicas.wordpress.com/tenda-malas-musicas/. As de home son verdes e as de moza negras, e como non, tedes talla para escoller.


E aquí tedes as chapiñas que son igual de bonitas e ademáis o diseño é de Vacorinho.
Cantan soas, non tes nin que acendelas nin que darlle ó play, iso si, o volume elíxeno elas.
Xa son internacionais, ata unha freaki de Sheffield (Inglaterra), fixo o seu pedido.
Animádevos a decorar os vosos chalecos, eu levoas no bolso.

19 noviembre, 2008

VACORINHO

Vacorinho está ultimamente aguantando as miñas neuras nesta época na que estou especialmente insoportable.
Así que, doulle as grazas neste post por non darme por un caso perdido e comprender as miñas tolemias.

14 noviembre, 2008

A ENQUISA DA ROBALISA

Como cada vez que fago un post montades unhas conversas paralelas impresionantes, nos comentarios, que me fan moita gracia por certo, non vos vou a quitar méritos, vou facer unha especie de experimento navideño a ver que sae.


Preferides:

- As uvas ¿na 1º ou na 6º?
- ¿Songoku ou Arale?
- ¿Marisco ou turrón?
- ¿Obama ou Ramoncín?
- ¿Reis ou Papanoel?
- ¿Alvedro ou Peinador?
- ¿Heineken ou viño pataqueiro?
- ¿Nesquik ou Colacao?
- ¿Solbes ou os nenos de San Ildefonso?
- ¿Hanuka ou o Ramadán?

E por último pero non por iso menos importante...
- ¿A misa do galo ou o reaggetón?

11 noviembre, 2008

QUEDAN..........39 DÍAS

En lugar da foto de Sabeliña comendo unha mazá debería poñer o ollo de "Gran Hermano" ou de "Big Brother" (pra non desentonar co idioma)... pero a conta atrás levámola, seguro, toda a familia.
Pois si, en 39 días, sen contar o de hoxe, volve, para pasar o nadal, a anana da familia e prometeu traernos chocolate dese tan rico que hai polas Inglaterras.
Así que..... aquí estamos, esperando e sen durmir moito porque, aproveito para informarvos, temos a Bimba de xaneira.

O tema da videoconferencia está ben, vexoa todos os domingos, antes veía Aída agora vexo a miña irmá que ademáis é moito máis graciosa, e Gregory, o compañeiro de piso, xa nin decirvos.... pero non é o mesmo, para empezar, só lle vexo o cabezón e en branco e negro, en realidade hai cores pero todas parecen verde escuro e continuando co tema, o sonido e a imaxe están desincronizados e parecemos tontos cando falamos.
Quen nos ía a dicir que no 2008 íamos estar así, cando Stanley Kubrick en "2001" amosábanos unha videoconferencia perfecta.

07 noviembre, 2008

CAYENA EN RAMA

Hoxe fun comer a casa dos meus avós cando saín de traballar, como fago todos os venres.
A comida transcurriu tranquila, o meu avó intentaba discutir conmigo como fai sempre e esta vez o tema era Obama.
Rematamos de xantar e de postre había unha fermosa cazola cheiña de castañas cocidas do máis apetecibles.
A primeira en probalas foi a miña avoa, cando levaba dúas ou tres dice: "están algo fuertes me habré pasado con la canela", ela seguiu ao seu, pero nada convencida volve co tema: "no, yo pienso que fue él anís, porque pican un poquito".
Ca mosca detrás da orella collín unha castaña, leveima a boca e comencei a suar.
Ca mesma, pedinlle á boa da muller que me ensinara os botes das cousas que botara, cal foi a miña cara cando vin as folerpiñas da foto..... "avoa, esto non é canela en rama".
Con esa voz de avoa que a caracteriza contéstame: "Mujeriña... ¿ cómo que no?.... mira el bote CA-NE-LA EN RAMA". Entonces foi cando case morro da risa. O bote era o mítico redondo no que veñen todas as especias, este de tapa verde. Pois ben, a pegatina poñía CAYENA EN RAMA e debaixo en letra pequeniña "chilli peppers".

A volta dos grandes.


Do 18 ao 21 de marzo volven Les Luthiers a Coruña, o quinteto humorístico formado por Carlos López Puccio, Jorge Maronna, Marcos Mundstock, Carlos Núñez Cortés e Daniel Rabinovich.

Este é un espectáculo que non podemos perder, eu vinos dúas veces en directo, en "Todo por que rías" e en "Las obras de ayer, el refrito" e neste último a xente aplaudía xa antes de que acabaran de falar e de facer o chiste.

Recordo ver videos deles dende pequena. O meu pai incluso chegou a porlle sonido dos Les Luthiers, entre outras cousas, a un montaxe dunha boda familiar na que eu tería uns 8 ou 9 anos, quedou tan graciosa....

Aínda que os cinco son grandísimos, cada un a súa maneira, o meu preferido e Daniel Rabinovich, e como non, teño tamén pezas favoritas como "Las majas del bergantín", "El bolero perdónala", "La hora de la nostalgia" ou "San Ictícola de la mar".

Así que se queredes botar unhas risas, vide conmigo a velos, eu polo menos non penso faltar.

Aquí tedes o enlace:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110700_2_234996__A-CORUNA--METRO-Luthiers-presentara-ultimo-espectaculo-humor-Coliseum

01 noviembre, 2008

EL PADRRE DE SABELA ME GUSTA

Gregory é o comañeiro de piso da miña irmá en Shefield, é belga e o primeiro que aprendeu a decir en castelán foi "el padrrre de Pedrro está cocinando", agora xa di frases como "el padrre de Sabela me gusta" e a min tamén me gusta, sobre todo cando fai cousas como está....