26 noviembre, 2008

BURN AFTER READING


Onte fun a ver "Quemar después de leer" a última dos irmáns Coen (Joel e Ethan, o primeiro ten un nome horrendo), gustoume moitísimo, así que, recoméndovos que vaiades a vela, se non o fixéchedes xa.
Jonh Malkovich é Osborne Cox (Ozzie Cox), un axente da CIA que escribe as súas memorias.
Brad Pitt, que nunca foi santo da miña devoción, fai o papel máis divertido encarnando a un empregado dun ximnasio.
Completan a peli o resto dos protagonistas, cruzando as súas vidas cada dous por tres, moitas veces incluso sen sabelo.
A trama é destartalada, graciosa, enredada e as veces sen sentido, pero merece a pena vela.

4 comentarios:

vintxuca dijo...

O que non vos recomendo é o "menú gorrón" do Foster que nos tomamos ó sair do cine.

vacorinho dijo...

o menú gorrón está ben, pero erramos na escolla

Ana dijo...

teño que ir a vela xa!!xa non me acordo da última vez que fun ó cine...encántanme os Coen. Un bico rula

esther dijo...

eu vou ver "El Greco" o sábadooooo