07 noviembre, 2008

CAYENA EN RAMA

Hoxe fun comer a casa dos meus avós cando saín de traballar, como fago todos os venres.
A comida transcurriu tranquila, o meu avó intentaba discutir conmigo como fai sempre e esta vez o tema era Obama.
Rematamos de xantar e de postre había unha fermosa cazola cheiña de castañas cocidas do máis apetecibles.
A primeira en probalas foi a miña avoa, cando levaba dúas ou tres dice: "están algo fuertes me habré pasado con la canela", ela seguiu ao seu, pero nada convencida volve co tema: "no, yo pienso que fue él anís, porque pican un poquito".
Ca mosca detrás da orella collín unha castaña, leveima a boca e comencei a suar.
Ca mesma, pedinlle á boa da muller que me ensinara os botes das cousas que botara, cal foi a miña cara cando vin as folerpiñas da foto..... "avoa, esto non é canela en rama".
Con esa voz de avoa que a caracteriza contéstame: "Mujeriña... ¿ cómo que no?.... mira el bote CA-NE-LA EN RAMA". Entonces foi cando case morro da risa. O bote era o mítico redondo no que veñen todas as especias, este de tapa verde. Pois ben, a pegatina poñía CAYENA EN RAMA e debaixo en letra pequeniña "chilli peppers".

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Hehehe, estas cousas que fan os nosos maiores. A miña avoa confuniu uhha vez o sal co azucre.

Ola de novo!!

Greca dijo...

Jaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

Unknown dijo...

jajaja!!acórdome de un que en vez de botarlle sal ós espaguetis botoulles azucre e despois sabían a mel...puajjj. Aínda así que riquiña é a túa avoa. Un bico guapa

Anónimo dijo...

Eu contareivos,antes de que o conte vintxu que unha vez fixen potaxe de vixiliaése é o nome non é que eu faga a vixilia, so jodería,e cofundinme a pementa doce do rustrido coa pementa picante o puteo que me meteron duroume varios anos e ainda dura por certo forragaitas menos mal que nos encontramos nalgun sitio ainda que sexa así.dalle bicos a teus vellos unha vez que caigas na conta de quen son.

Anónimo dijo...

jajaj!Comer en casa de la abuela siempre es una aventura.
Seguro que si no llegas a estar tú se las comen como si nada! Mujeriiiiinha! xDDD
besazos