En lugar da foto de Sabeliña comendo unha mazá debería poñer o ollo de "Gran Hermano" ou de "Big Brother" (pra non desentonar co idioma)... pero a conta atrás levámola, seguro, toda a familia.
Pois si, en 39 días, sen contar o de hoxe, volve, para pasar o nadal, a anana da familia e prometeu traernos chocolate dese tan rico que hai polas Inglaterras.
Así que..... aquí estamos, esperando e sen durmir moito porque, aproveito para informarvos, temos a Bimba de xaneira.
O tema da videoconferencia está ben, vexoa todos os domingos, antes veía Aída agora vexo a miña irmá que ademáis é moito máis graciosa, e Gregory, o compañeiro de piso, xa nin decirvos.... pero non é o mesmo, para empezar, só lle vexo o cabezón e en branco e negro, en realidade hai cores pero todas parecen verde escuro e continuando co tema, o sonido e a imaxe están desincronizados e parecemos tontos cando falamos.
Quen nos ía a dicir que no 2008 íamos estar así, cando Stanley Kubrick en "2001" amosábanos unha videoconferencia perfecta.
11 noviembre, 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
quedan 39 días, quedan 39 días,quedan 39 días...
Xa ata o can salta cando escoita dicir 39 días.Taluegadas
Como que non é para tanto? son trinta mais nove.Quen dixo que non era para tanto?
E axiña voltará o debate entre os amantes desas festas, coma min, e os detractores do afán consumista.
Unha aperta!
non vos estresedes, para a fin do mundo só quedan 27 días.
veña, non teñas morriña que hoxe xa queda menos!38 non?un bico
eso vintxuca plantea unha votacion afavor e en contra do nadal
Eu votaria a favor de Obama
daniel non me fagas a pelota que non te vou deixar res de res
eu a Obama non lle voto que é negro
Anda Baltasar e Obama... que ides ser vos neghros, se tedes ascendencia branca...eu si son neghro. Do Bronx castril.
Publicar un comentario