07 noviembre, 2008

A volta dos grandes.


Do 18 ao 21 de marzo volven Les Luthiers a Coruña, o quinteto humorístico formado por Carlos López Puccio, Jorge Maronna, Marcos Mundstock, Carlos Núñez Cortés e Daniel Rabinovich.

Este é un espectáculo que non podemos perder, eu vinos dúas veces en directo, en "Todo por que rías" e en "Las obras de ayer, el refrito" e neste último a xente aplaudía xa antes de que acabaran de falar e de facer o chiste.

Recordo ver videos deles dende pequena. O meu pai incluso chegou a porlle sonido dos Les Luthiers, entre outras cousas, a un montaxe dunha boda familiar na que eu tería uns 8 ou 9 anos, quedou tan graciosa....

Aínda que os cinco son grandísimos, cada un a súa maneira, o meu preferido e Daniel Rabinovich, e como non, teño tamén pezas favoritas como "Las majas del bergantín", "El bolero perdónala", "La hora de la nostalgia" ou "San Ictícola de la mar".

Así que se queredes botar unhas risas, vide conmigo a velos, eu polo menos non penso faltar.

Aquí tedes o enlace:

http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110700_2_234996__A-CORUNA--METRO-Luthiers-presentara-ultimo-espectaculo-humor-Coliseum

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O mellor Carlos Núñez (non o gaiteiro), antolóxico en "La Hora de la Nostalgia" e sempre que se xunta con Daniel.

Lembra que o día 20 de marzo ímonos a Barna, así que hai que coller os billetes para antes.

Anónimo dijo...

ah! pero... existe música máis alá de min?
¿Quenes son estos tipastros?

Anónimo dijo...

Eu non mos perdo nin de coña. so jodería.