02 diciembre, 2008

Concerto de Krakovia

O venres 28 de novembro tocou Kracovia no "Playa Club".
Vacorinho levaba tempo convencéndome con tres bos argumentos.
O primeiro que me dixo foi que me ían gustar, xa que soaban tipo pop-rock ochenteiro, cousa que teño que recoñecer que me encanta.
O segundo argumento que empregou, foi que lle daban dúas entradas de balde, porque conseguira acreditación para a súa reportaxe.
E por último, puxo cara de mágoa e dixo que me levaba para que lle fixese as fotos do concerto.

Ainda así, o venres cheguei baldada a casa, despois de 10 horas de traballo, senteime un rato no sofá, fora chovía moitísimo, o que menos me apetecía era sair da casa, e máis tendo en conta que o concerto era as 12 da noite, pero hai que ter palabra e ademáis ía cear no mexicano que tiña tantas ganas de probar. Asi que, collín o abrigo e a bufanda de la e alá me fun.
Se ides ó mexicano tomade de postre un "cielito lindo", está de morte.
O concerto comenzou a unha da mañá e se queredes unha crítica musical, idevos a Malas Músicas, que para iso está, eu non lle vou facer a competencia.
So dicir que me encantou, escoitei algunhas cancións ó día seguinte e non teñen nada que ver, no concerto meteron moita máis caña, no disco soan moito máis melódicos e moito menos psicóticos.
Así que, se tedes a oportunidade de ir a velos, non a perdades é todo un espectáculo.

Tricia Takanawa, case morta pero contenta, dende o "Playa".

1 comentario:

Anónimo dijo...

krakovia molan!