18 diciembre, 2008

DEZ ANOS DE TRABALLO

Onte fun ó concerto de Silvia Penide, no Teatro Rosalía de Castro.
Grabouse un DVD para celebrar os dez anos de Silvia no mundo da música.
Como cada unha das veces que a escoitei cantar, quedei de novo con ganas de máis.
A noite da estrea do primeiro docu da miña prima, ó que Silvia puxo banda sonora, alucinei co seu directo, e dende aquela sigo alucinando, especialmente cando canta "grande gigante".
Bo plan para un mércores que pintaba igual que todos os mércores da semana, bueno e que os martes, e que os xoves... os venres non os meto no saco porque mellora a cousa e os luns son infernais só por ser luns, así que tampouco contan.

1 comentario:

LM dijo...

acabam-nos de enviar uma e-card com as sua música de fundo!
beijos