De luxo vai a quedarnos o corpo cando o meu amigo Lord Voldemort (o que non debe ser nomeado) mate a Deluxe.
Cando o leín neste artigo unha tremenda alegría percorreu o meu corpo, pero durou pouco tempo porque a súa volta está anunciada e parece que vai a ser máis "cortate las venas" que nunca. Non lle chegou con cantar eso de "eu quero ser Caetano Beloso" agora dalle por dicir que vai a facer música tipo Tom Waits, Edith Piaf ou o mesmo Caetano. Os seus concertos van a ser do máis animados.
Ademáis quere recuperar temas de "los jovenes mueren antes de tiempo". Non vou a facer ningún comentario maligno a cerca de esto.
Este sábado fai o seu concerto fin de xira e vou a rachar a maldición que teño con este señor.
NON VOU A IR!!!!
Pinchade aquí:
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2008/10/29/0003_7267192.htm?idioma=galego
Pero como teño que portarme ben ca familia e pode que este señor chegue a ser algún día o meu cuñado, collín prestada a cantiga de "Love of lesbian" (por certo estou enganchada a este grupo) e troquei o nome de Fernando para ir practicando esta noiteboa para nadales futuros.
"Hoy es Navidad, qué felicidad,
vamos a cenar toda la familia y,
maldición, él ya llegó, con su cucharita y su obsesión.
Vamos, dale más, dale mucho más, lo puedes lograr,
destrozar mi acuario, por favor, déjalo ya.
¿Me escuchas, Xoel? Creo que no.
Que pares chalado, te aviso con antelación,
que alguien lo ate en la cama y le dé una inyección.
Cuidado con esa cuchara, Xoel.
Ahora reza a Juan De Dios
porque tú te acabas de buscar la ruina,
y ahora yo, empiezo a reaccionar,
mis brazos se mueven como aspas de un ventilador.
Porque te acabas de buscar la ruina
y me da igual que sea Navidad,
con hilo dental pienso hacerte la circuncisión.
Mira, Xoel, me caes muy mal, lo tenía que soltar,
tarde o temprano te ibas a enterar.
Pues que sea en Navidad, dale cuñado, nunca pararás,
qué curiosa enfermedad. Me has mirado mal,
me has mirado mal, deja ese jarrón,
vale un dineral,no, no, oh, oh, oh ...
Te acabas de buscar la ruina, y ahora yo empiezo a reaccionar,
mis brazos se mueven como aspas de un ventilador.
Y es que te acabas de buscar la ruina,
y me da igual que sea Navidad,
con hilo dental pienso hacerte la circuncisión.
Ya está aquí la Navidad y volverá aquel infierno.
Hoy te toca soportar al anormal, respira incienso
Zambomba aquí, zambomba allá, zambomba aquí,
zambomba allá, zambomba aquí, zambomba allá,
zambombo aquí, zam-bon voyage, voyage ..."
Adicada a miña Sabeliña, que por certo, hoxe está en Gales.
30 octubre, 2008
27 octubre, 2008
PELUDO

Este é peludo e o pobre está perdido, o seu dono fixo un blog para atopalo, entrade no seu enlace pinchando aquí: http://todopormiperro.blogspot.com/
Como non ten cartos ofrece favores para quen o atope.
Facerche paella todos os domingos durante un ano.
Cuidar ao teu can.
Planchar a túa roupa....
Etiquetas:
animalinhos
17 octubre, 2008
"FUN DE INAGURATION"

A miña empresa levaba moitos meses traballando no Centro Comercial "Dolce Vita" e onte por fin foi a inauguración, así que sobre as 7.30 da tarde pechamos a oficina e marchamos para o polígono de Grela.
Xa estaba medio anoitecendo e estaba todo iluminado, o circo que alí había montado era demasiado. Abaixo de todo estaba Paula Vázquez firmando autógrafos e montaron unha especie de pista discotequera con xogos de luces, fume de cores, láser e música a todo volumen.
A aglomeración de xente era tal, que houbo un momento no cal eu iba pola rampa mecánica con xente pegada a min por todas partes, ao chegar ao final da cinta a xente non daba avanzado e entre a inercia da xente que intentaba ir para adiante, os que viñan detrás, e os que xa estaban fora da cinta parados coma pasmarotes..... máis de un caeu ao chan.
Na planta do medio, había tamén bastante xente, todos maqueados como se foran a un bodorrio, miraban as tendas abertas como parvos.
O catering era no piso máis alto, diante das escaleiras mecánicas había un "Botones Sacarino" que so deixaba pasar a xente con invitación, e dicir, a aqueles que traballaron alí. Así que subimos. Unha señora quedaba abaixo preguntando a berros por que non a deixaban pasar, e aquí foi onde empezou a odisea.
Nada máis chegar un "Sacarino" cunha bandexa chea de copas ofrecíache auga, viño, refrescos ou cervexa, bebendo unha limonada foi cando os meus compañeiros e eu descubrimos tres clases de persoas.
1. Os vellos tiburón: Esta clase de señor, non paraba de moverse por todo o recinto detrás dos seus obxetivos, bandexas con aperitivos, alí donde veías unha bandexa veías detrás unha recua de tiburóns movendose como peixe na auga e sen perder de vista o xamón nin un instante.
2. Ave rapiña: Había unha especie de mesas repartidas por todo o piso superior, o obxetivo dos "Sacarinos" era facer chegar as bandexas as mesas, coma se de un videoxogo se tratase, todo era inutil, as ave rapiñas eran unha clase de señoras que abordaban a todo aquel que intentara poñerse entre elas e os barquillos de paté.
3. Os buitres carroñeros: Aqueles que fartos de intentar pillar cacho, sen éxito, arrepañaban o último cachiño de queixo que quedaba nunha mesa abandoada onde xa non había nin farangullas.
En todo este rebumbio atopeime ao meu profe de Historia do instituto que agora traballa para o Concello e botamos a única parrafada entretida da noite.
Mentras volvía para casa pensei que este circo non debería ser así. Pensei que os que realmente deberían asistir eran os obreiros que estiveron alí metidos 10 horas ao día, currando coma condenados. Seguramente disfrutarían máis do viño, da cervexa e dos pinchos de balde que os pijachos da oficina, e seguramente disfrutarían máis tamén vendo a Paula Vázquez.
Agora estou na oficina, hoxe era a apertura ao público, estou escoitando na radio como se queixa unha señora porque leva 45 minutos intentando sair do parking e non pode polo exceso de xente. E que son listos de carallo....¿A quén se lle ocorre ir hoxe?
E esta foi a miña versión, farta de ver tanta pomposidade e impotente ao ver como por fin de obra 10 dos nosos, con familias que manter moitos deles, van para a calle, deixo que comparedes, a versión da Voz de Galicia é moito máis bonita. Pinchade acolá: http://www.lavozdegalicia.com/coruna/2008/10/17/0003_7232953.htm
Etiquetas:
"festas e celebrations"
16 octubre, 2008
INXUSTIZAS
Eu era unha das alumnas do Taller Cerámico da Pablo Picasso, iba as clases que impartía a miña madriña en esta escola, facíao ao sair de traballar o ano pasado, e a parte de ser unha actividade divertida, relaxante e preciosa, era unha materia en perigo de extinción.
¿Que se fai cos animais en este estado? claramente, intentar conservalos e defendelos con unllas e dentes, vese que na propia escola non se pensaba así.
Pinchade aquí e opinade vos mesmos/as.

no lo tolero
13 octubre, 2008
A TIPARRA DO AUTOBÚS
Case todas as mañás cando volvo a casa ao medíodía, cunha fame negra, atopo no autobús a unha especie, de estas que deben estar en perigo de extinción, que me saca das miñas casillas, eu chamoa "a tiparra do 11" (o 11 é o autobús), a miña desesperación e tal, que se vexo as dúas liñas que me deixan na casa, chegar a un tempo, collo o 4 aínda que veña detrás.
A tiparra do 11 é unha rapaza duns 30 aproximadamente, sube na miña parada e dedícase a poñerlle a cabeza como un bombo a un señor duns cincenta e pico, con pinta de pintor ou de poeta bohemio, que asinte todo o tempo e non dí nada.
A tiparra é capaz de pronunciar case 10 palabras por segundo e ao mesmo tempo facer uns xestos rarísimos ca boca amosando todos os dentes. Ten o pelo cuns rizos moi pequenos e o leva moi alborotado e se leva coleta no lle importa metercha na boca cada vez que o autobús pega un frenazo, por esa razón eu procuro situarme lonxe dela.
A semana pasada a tiparra explicáballe ao poeta bohemio como aos 6 anos decidira ler o diccionario de latín, con 8 anos os seus traballos de literatura eran de "A casa de Bernarda Alba", penso que en 3º e EXB non tiñamos nin literatura nin lerias, como moito teriamos lingua, pero non o sei, o tema é que tiparra presumía sen parar, entonces o poeta bohemio baixou do autobús e ela segueu co tema, falando en alto e contando ao resto dos que quedábamos alí o gracioso que era o nome de García Lorca, que ela non podía nin escoitalo porque escachaba ca risa.
Outra cousa que me crispa especialmente é que cando a tiparra fala, entérase todo o autobús, porque non ten ningún reparo en berrar aos catro ventos fale do tema que fale.
En fin, as veces é un alivio chegar... aínda que sexa para traballar.

Frikalladas
12 octubre, 2008
09 octubre, 2008
FELICES 29

A miña amiga Iria, compañeira de estudios (ejem) e de Resi Universitaria en Ourense, que tempos aqueles, está de cumple.
Así que, felicidades morena, un bikaso!!!
Etiquetas:
Adicatorias
05 octubre, 2008
A PONTE
O venres currei 12 horas, dende as 8 da mañá ata as 14.30 e de 16.00 a 21.30.
Agotada pero contenta de poder dar por rematado o meu traballiño e de deixalo todo listo ata o mércores, marchei para casa e caín rendida na cama, pero cun medio sorriso pensando nos meus 4 días de relax.
Así foi, o sábado erguínme sobre as 12 da mañá, fixen a bolsa e marchei a vilanchear un pouquichiño. Pasei un finde tranquilo: ler, comer a todas horas, durmir, o sábado incluso fun ao cine a ver a de Wody Allen.
Por suposto, entre as cousas boas que tivo a ponte do Rosario (festivo na Coruña) está a tarta de mazá da miña nai, agora mesmiño fago as presentacións........... aquí a tedes!!

Cousiñas de andar por casa
Suscribirse a:
Entradas (Atom)