09 enero, 2009

COUSAS...

Algún día imos ter que explicarlle a Bimba que non é unha persoa e que polo tanto non pode seguir comportándose como tal.
Súbese a cadeira que queda libre á hora do xantar e moi atenta olla o que acontece, o que facemos os demáis e pode botar así o tempo que considere necesario.
Moitas veces métese na cama, pero non se pon nos pés, non. Ela tápase toda, saca a cabeza para fóra e usa a alomofada para estar máis comoda como facemos todos. Cando estou eu durmindo métese ó meu carón mira pra min e ponse mirando para o mesmo lado, cando cambio de postura e dou a volta, bota unha ollada ó panorama e vírase ela tamén.
Pero imos ter que dicirllo xa, antes de que colla un bolso e un abrigo dos meus e marche tamén ela a traballar.... ou non...

8 comentarios:

Esther dijo...

que curriiiiiiiiña!!!!!! que cousa linda! ti deixa que faga o que lle de a gana oh! que mal fai!

gazania dijo...

Como explicarlle a Bimba que non é unha persona:
1º_ collese a constitucion e...
2º_ no momento en que bimba pon cara de atender empezase a ler,despacio pero sen pausa

NON FALLA

Mariola dijo...

Ola!!
A miña gata Lisa faiche o mesmiño ca a Bimba, asegúrocho. Estes ghatos son moito de nuestro señor :D

Pero non lle ghusta o pescado crú..., q estarei facendo mal?
:D

Un beijo!

mueja dijo...

Moi ben. Estes bichos en canto collen confianza fanse os donos da casa. Podela traer a dar unha volta no meu avión

albixoi dijo...

Fermosa foto. Observo que esta gata ten comportamentos máis humanos que algúns polo mundo adiante.

Ratónido dijo...

QUITÁDEMA DE ENRIBA, POR DEUSSSS!

LM dijo...

deixa deixa. melhor seguir disfrutando dos prazeres da gente e das obrigas de gata...
beijos

Zeltia dijo...

Oiches... a tua bimba, fai coma a miña gata (que se chama "gato"),
ou será o revés, pero a miña parece máis vella, e resabiada
e durme igualiño que tí describes,
espera a que me durma eu, e fai a operaciópn que tí comentas.
as veces medio esperto e esta ela toda posta alí, tapadiña ata a cabeza con ela apoiada na almofada...

pero e moi mala, morde, tira con todo...

ainda a´si, non podo evitar querela.
(xa din que hai amores que matan)