20 marzo, 2009

Tres en un

Debería facer un post para cada cousa, pero debido ó meu deastroso carácter e á falta de tempo ahí van...tres en un.

1. THE KILLERS.
Mañá marcho a Barcelona a ver un concerto. Espero á volta compartir con todos vos historias e fotos increíbles.





2. LES LUTHIERS.
As entradas foron o agasallo de cumpleanos para o meu pai, que lle encantan. Onte fumos a velos, o espectáculo é como todos os deles, imprescindible e necesario para unha vida con sentido do humor. Amo a estos músicos, compositores e inventores de instrumentos dende que máis ou menos tiña seis anos. Con cada chiste sigo rindo como a primeira vez e iso que desta volta "Los premios Mastropiero" era unha función nova, os únicos dous números repetidos estiveron moi refrescados con contos e historias novas. Eu doulles as 5 estrelas.




3. OS ZARES.
Foi o noso Concerto do sábado 14 de marzo, o sábado pasado, en "Casa Ardá".
Paseino en grande recordando cancións dos Rolling, Elvis, Los Brincos, El Dúo Dinámico...
Un repertorio sesentero pero que facía bailar a todo aquel que entraba pola porta, a pesar da idade dos membros do grupo que se amosaron animados e como si tiveran quince anos.



Por certo xa que comencei falando do meu caracter desastroso, remato co mesmo tema, como quedei sin batería a foto sacouna a miña querida amiga Ana, asi que é roubada pero con permiso.

Asi que aquí tedes as miñas tres propostas do mes, espero que vos animedes en algunha ocasión a velos para deixarme as vosas opinións.

6 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Ola:

Podoche falar de LES LUTHIERS porque puiden velos por estas terras.
Teñen un humor moi exquisito e fanme rir moito :-)

Que disfrutes da viaxe a Barcelona.

Saúdos.

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Eu non puden ver a ningún dos tres, se ben ós dous primeiros coñezos. Os últimos vaia repertorio, dende os Rollings ata o Dúo Dinámico, vaia cambio. Sen dúbida é unha gozada cando escoitas un grupo que versiona ós clásicos.

Pásao ben en Barcelona e disfruta, con o sen protección solar.
Apertas.

Anónimo dijo...

Impresionantes Los Zares. Cando teña a súa idade quero estar así de ben. E que dicir de Les Luthiers, xeniais. En cambio The Killers están nas antípodas das miñas preferencias. pero bueno, ogallá que o pases moi ben!!

Chousa da Alcandra dijo...

Pois fáltame por ver aos Zares.
Boeno, The killers en vivo tampouco. Jajaja, resulta unha frase interesante: The killers ao vivo. Que os disfrutes e que volvas con vitalidade!!!

Anónimo dijo...

Eu tamen son fan de Les Luthiers e esta nova actuacion foi boisima unha mencion especial a "ya no te amo Raul" ainda que todo o espectaculo mereceu a pena.

LM dijo...

pois já me tarda ver essa crónica! vaia planazo!
beijos