08 marzo, 2009

A VILA


Esta é a miña vila, vista dende a casa do Castro. O mellor sitio para desconectar do tenebroso mundo real. Así que, estades todos convidados.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Vintxuca vilancha!!!

Antón de Muros dijo...

A túa vila é fermosa, mais non sei ben cal é...

Saúdos.

Antón.

Carlos Sousa dijo...

Fermosa ponte, mágoa que non a pillaras máis de cerca.

Pois se hai que desconectar e estamos invitados, alá vamos todos, agora que ven o bo tempo, que millor sitio.

Bicos, e felicidades para o teu pai e polo do Athletic. Agora a polo Barsa

Raposo dijo...

Pois tomo nota.

vintxuca dijo...

Antón, vouche dar unha pista...teño ó ladiño as Fragas do Eume, o Mosteiro de Caaveiro e o castelo dos Andrade.
Carlos, buscareiche unha foto na que saia a ponte máis preto...pero e que así tal cual a vedes é como a vexo eu dende a casa dos meus pais.
Jesús el malo...que honor, terte en persoa no meu blogue, un dos especímenes da vila, que mágoa que non sexas ti en verdade.
Raposo: Cando queras.

Mer dijo...

ía dicir se era Serra de Outes pero ao ler o de preto de Fragas do Eume quedei algo desconcertada

¿ estará esto logo por Cabanas, ao carón de Pontedeume?

Saúdos

Chousa da Alcandra dijo...

Se che serve para desconectar, seguro que é un sitio caralludo. Ademáis, polo que dis, sendo a casa dos teus pais e con esa perspectiva da tua vila (estou descolocadísimo tamén)...que máis se pode pedir?

Cando saibamos onde é...imos todos!

paideleo dijo...

Pontedeume !.

Antón de Muros dijo...

Será Pontedeume entón? ;-)

Saúdos para todos.

Antón.

vintxuca dijo...

A vila que vedes ó fondo é Pontedeume, a foto está sacada dende O Castro, Nogueirosa, pertence tamén a Pontedeume.
Ó Castro chámanlle os máis vellos "La Habana" porque da o sol mañá e tarde e ó final do día se botas unha ollada, a sombra comenza a chegar a todas as esquiniñas e ahí queda La Habana chupando as últimas raiolas ata case unha hora máis tarde.

Oes Carlos... a ver se temos sorte co Barsa e volvemos a revivir os bos tempos...que falta fai.

Antón de Muros dijo...

Grazas pola explicación!

Saúdos.

Antón.

LM dijo...

há un dias que estivemos ai e segue tam fermosa como sempre.
beijos