26 abril, 2009

O LOCH NESS

O Lago Ness.

Xa estou de volta, a realidade agardaba por min no aeroporto da coruña, con forma de cansancio acumulado, fartura de chocolate e revistas sensacionalistas e poucas ganas de volver a rutina do día a día.
Na miña viaxe coñecín o Lago Ness, a cidade subterranea de Edimburgo, o castelo de Stirling que foi tomado polos ingleses e recuperado por William Wallace.
Durmin nunha preciosa igrexa habilitada, na que os baños estaban nunha cripta.
Viaxamos polas estradas escocesas polo lado esquerdo, vendo as Highlands ou terras altas nevadas pola ventanilla.
Tomamos té, e almorzamos english breakfast, xa de volta en Londres.

Porto de Edimburgo.

De volta, na casa, e xa pensando outra vez na próxima escapada.

9 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Da gustiño poder abrir a mente ás novísimas sensacións que aporta unha nova cultura e un novo xeito de vivir. Por máis que che tiveran contado, por máis que tivers lido...nada hai como pousarse no lugar. E ducharse na cripta, e circular pola esquerda e almorzar break fast.
Todo iso ten a ventaxe explícita en sí mesma do disfrute inmediato, e despois a implícita que é volver a valorar o caralludamente cotián que temos aquí...
Claro que hai que volver á rutina, e amola. Toda chea ten a sua correspondente resaca. Pero paga pena.

Benvida!
(Eu fun menos lonxe, pero tamén me molou beaucoup)

Carlos Sousa dijo...

Que, do monstruo nada, non? Sorte que o pasaras ben e estes pensando na seguinte escapada. O de durmir nunha igrexa e ir o baño nunha cripta, non sei... orixinal si que é, pero igual da algo de cousa.

Con motivo do documental que me falaches, busquei en youtube, se topaba algo, e topei o dos prepaarativos e da estrena. Seguramente non está colgado, non? Se non está, é unha mágoa. Xa me dirás.

Unha aperta.

Cuspedepita dijo...

Pois benvida !
O corpo chega antes ca cachola :-)é inevitable.
E a envexa que me das así e todo! :-))

Apertas

albixoi dijo...

Parabéns polo retorno e agardo que gozases da experiencia. Desculpa a non inclusión dos teus comentarios no meu blo, pero borráronse.

Carlos Sousa dijo...

Teño un premio para ti no meu blog, se queres ven buscalo.

Mac bolachas dijo...

Eso,eso que foi do monstruo?

vacorinho dijo...

U-lo monstro?

LM dijo...

bem chegada!!! que ledicia ver-te por cá mais uma vez. já se te botava de menos!!!
há fotos desses banhos? fiquei com curiosidade...
beijos

Casía dijo...

del monstruo nada de nada, no asomo ¿verdad?