03 mayo, 2009

A verdadeira historia....

A SAIA DA CAROLINA

Fai moitos, moitos, moitos anos, nunha aldea de Galiza preto de Ourense, Don Ramón e Dona Adela tiveron unha fermosa filla. A pequena de ollos mouros e pelo enredado chamouse Carolina

O nacemento foi todo un acontecemento na vila. Para celebralo fixeron unha festa na que o viño, os chourizos, a carne e o pan de broa, parecían non rematarse nunca.

O irmán de Ramón, que vivía por alá por Escocia agasallou a Carolina cunha caixa de madeira chea de pinturas e carbón.

A nena foille collendo o gusto a iso de debuxar e canto máis medraba mellor o facía. Sentábase no alboio ou na bodega a facer retratos, inventaba paisaxes con ceos vermellos e leiras tinguidas de azul.

Unha tarde de chuvia, a familia recibiu unha carta na que se lles comunicaba a morte do irmá de Ramón, que de inmediato dispuxo a longa viaxe en barco, para facerse cargo do enterro e todos os asuntos que este significaba.

Crisanto, que así se chamaba o defunto, marchara de Galiza con trece anos, a traballar de pintor e carpinteiro a unha vila chamada Inverness, preto do lago Ness.

Carolina coñecía ben as mil e unha historias do monstro que o seu tío lle contaba. Agora, triste pola perda, ollaba a inmensidade do lago.

Camiñou pola súa beira ata chegar a un castelo.Quixo dar volta para axudar ós seus pais con todo o trafego do enterro do día seguinte pero non foi quen de afastar a vista da auga. Algo había alí que a tiña enfeitizada.

Coa mirada perdida ficou Carolina un tempo, sentada enriba dun enorme penedo.

Un remuíño no medio do lago sacouna de súpeto dos seus pensamentos. Un remuíño que medraba e medraba, cada vez máis. O vento tiráballe da negra melena e da saia como intentando achegala á auga.

Das profundidades saíron dous enormes ollos mouros, máis mouros incluso cos da Carolina. Alí estiveron un tempo, mirando o un para o outro.

Ninguén sabe o que lle dixo o monstro a Carolina, nin ela nunca o contou. A lenda di que el quedou namorado de ela e que ela rouboulle un bico.

Don Ramón que non atopaba á súa filla, comezou a chamala dende o camiño.

- Carolinaaaaa! Pequena, que fas aquí soa?

Carolina mirou de fronte pero alí xa non había nada, un destello, as nubes deixaban paso as primeiras raioliñas de sol.

- Estaba pintando. Dixo a rapaza mirando as ceras de cores que tiña agarradas nunha das mans.

Carolina non tiña lenzo e debuxou o monstro na tela da súa saia azul, é por iso que din que “a saia da Carolina ten un lagarto pintado”.

Cando fomos a Escocia, pasamos a noite en Inverness, despois de visitar o lago.

Alí descubrín o segredo mellor gardado da miña irmá Sabela. Pelo escuro, grandes ollos mouros e tamén ela lle roubou un bico o monstro do Lago Ness.

Carolina tivo unha filla que tivo un fillo que tivo outra filla que tamén tivo fillos... quen sabe se a cousa non ven de familia?


12 comentarios:

carolina o outra dijo...

ooooooh! que bonito! gustoume moito,moito,moito.

Carlos Sousa dijo...

Curioso, quen diría que o segredo dunha canción tan popular ía a estar en Escocia. O cura do que fala a canción, tamén estaba no enterro? Tuvo algo que ver coa Carolina? jeje.

Fermosa foto e paisaxe.

jarl dijo...

Cada vez que cantemos esta canción acordarémonos de Nessy.
Que ganas tenho de chegar a terras galegas a que me contes estas historias en directo.
biquinhos irmá

Esther dijo...

que historia!!!!

gazania dijo...

Jarl por aqui tamen temos ganas de que chegues, ainda que teñamos que convocar a un Nessy e eso nos impida o bolei-piscina, seguro que se ia levar ben co mostro mouro que pobla as terras da Habana, e atende polo nome de Señor e co demo dos ollos azuis que devolve gruñidos a cambio de caricias e funguidos a cambio de miradas cariñosas

Chousa da Alcandra dijo...

Que bonito!. A partires de agora, cada vez que vexa un lagarto nunha saia...en troques da Carolina, lembrarei á Vintxuca!!.
Ademáis de ben urdido, está moi ben contado.

Bicos lagarteiros

(Deberías vir dar un garbeo polo meu blog para enterarte do doado que pode ser gañar unha fin de semana nunha Casa Rural galega)

paideleo dijo...

Un conto mui bonito. Prefiro esta Carolina mais que a verdadeira.

Casía dijo...

bonita historia, el lago nesss, galicia, se parecen un poco

Son Unha Xoaniña dijo...

Gustoucheme moito esta historia, voulla contar así ao meu netiño cando empece a entender e a falar.
Apertas.

LM dijo...

que simpática! dá para imaxinar um rato!
beijinhos

Anónimo dijo...

Actualiza porfa que te botamos de menos

Anónimo dijo...

holaaaaa