10 junio, 2009

AHÍ VEN O BOI:

Outro ano máis, temos unha cita obrigada en Allariz, para celebrar a Festa do Boi.
Con parada imprescindible no Zirall para beber o licor café, na orquesta das "bragas amarelas" para botar uns bailes, no Roi Xordo a tomar unhas copiñas e xa de madrugada, chamar a Paquirrín e a súa nai para que nos leven no taxi a descansar unhas horiñas para pola mañá ir a correr co boi, paparotar no xantar..... e xa no serán, disfrutar da festa da auga e berrar cas charangas nas portas das casas "en esta casa non pagan auga", para que a xente que está arriba tire caldeiros, usen mangueiras e artiluxios para regar a todos os que pasamos por debaixo.
Eu, como todos os anos, estarei alí disfrutando da fermosura de Allariz, vendo a vellos e novos amigos, escoitando berrar iso de "ahí ven o booooi"!!!!!!

7 comentarios:

HASTA LA CORONILLA!! dijo...

hola Vintxu!! Este ano no podemos ir :( , tenemos la despedida de Miro.ESPERO QUE LO PASEIS BIEN ...CÓMO SIEMPRE ...QUE ENVIDIA!!! DIOSSSSSSSSS

albixoi dijo...

Boas festas e coidado co boi. ;)

Carlos Sousa dijo...

Parece que pinta ben a festa, dende logo hai donde escoller, licor café, copiñas, regadura de auga... moi ben.

Grazas pola invitación, era un bo sitio para ir celebrar a victoria, pero o clube ten moi "pouquiños cartos", por non decir ningúns, e ademáis temos o Corpus en Ponteareas, que tampouco está mal, ou estaba.

Pois nada que o disfrutedes moito. Quédame pendiente de ir un ano.

Raposo dijo...

Parece un plan caralludo, que o desfrutes!!!

Chousa da Alcandra dijo...

Carallo!!! e dádeslle así de caña dende o 6 até o 14???. A casa das bragas amarelas vai ter que cambiarlle o nome na cor (ou non)...jajajajaja.

Tómase nota do evento.
Bicos de Antas

Greca dijo...

Vintxuca, di a verdade, ti do boi non queres saber nada. Quen se meteu comigo dentro dun bar a morrer asfixiada mentres o bicho andaba polas rúas?

vintxuca dijo...

greca...traidoraaaa hahahaha o boi xa o teño moi visto de outros anos...e este ano non podía permitirme unha cornada que teño que reservarme para a medieval de corcu, o concerto de bruce, o cumple, as peras,...etc.....