23 septiembre, 2009

PUNTOS DE SUTURA

Hoxe corteime na man dereita. Foi un corte bastante profundo cun cristal en punta.
Metín a ferida debaixo da billa pero non paraba de sangrar así que tirei do rolo de papel de cociña e envolvín a man. Agarrei o meu bolso e saín a rúa.
Un taxi baleiro apareceu de fronte, pareino para pedirlle que me acercara ata o hospitaliño que hai a uns 300 m da miña casa. O taxista miroume de arriba a abaixo con cara de poucos amigos e con cara de noxo dixo que non me levaba a ningures, que así sangrando non me podía deixar subir, por si era unha "drojadita" ou algo semellante. Suxeriume que chamase a unha ambulancia.
Intentei razoar co tipo dicíndolle que o hospital estaba ó final da calle e que unha ambulancia ía tardar moito máis tempo que ir andando.
Busquei polo bolso o meu móbil, ca man esquerda claro, pero ca presa quedarame na casa, así que saín correndo. A calle estaba chea de xente, cheguei o xardín do camposanto e apurei aínda máis o paso.
Ó chegar ó hospital todo foi ben, eu que non soportaba as agullas e que sufría ó ver unha gota de sangue... mirei resignada como un médico, moi agradable por certo, facía punto de cruz na miña man coma se estivera a coser un botillo ou unha ristra de chourizos.
Así que agora toca a esperar.......... despertando da anestesia vense as cousas de outra maneira!!!

8 comentarios:

Antón de Muros dijo...

Qué momento!
Que mellores axiña.

Saúdos.

Antón.

maruxiña dijo...

Eu tampouco aturo a sangue nen as agullas, só ler a entrada xa me estaba a por maliña de todo...

Tamén che desexo melloría como non.

Biquiños!

Raposo dijo...

Pois que cures axiña que as mans son moi necesarias!

Chousa da Alcandra dijo...

Pois mándolle unha cara de mala uva (agora que empeza a vendimia) ó taxista mamón ese.
E o teu dediño cortado, non o vaias comer como se fose un chourizo criollo. Lémbrate que somente tés dez!

Bicos

paideleo dijo...

Que te millores !.

Bolboreteira dijo...

Vaia co taxista!
Menudos momentiños, as veces como se complican as cousas nun instantiño.
Xa pasou, agora a recuperarse.
Bo blog, gústame.
Saudiños!

Galega Na Varanda dijo...

el mundo de los taxistas es un mundo aparte...

Eso sí, qué valiente lo de mirar como te cosen! Yo miré una vez como me "descosían" y poco me faltó para desmayarme!

Ánimo y que se cure pronto!

Cuspedepita dijo...

Era mellor que te desangrases na rúa que manchar o seu coche. O tapizado debe ser moi bo...Mala chispa o coma!
Agardo que xa esteas ben.
Sobre o sangue eu tamén era así, pero agora xa estou curada de espantos. Tiven que facer moitas curas de urxencia.

Unha aperta