10 septiembre, 2009

Sabios consellos

Hoxe pola mañá cedo, un amigo deume un consello. Normalmente collo o consello, envólvoo con coidado e gárdoo nalgún lugar recóndito da miña cabeza con moito cariño e agradecemento para o que mo deu, pero escondido coma bomba de reloxería por se explota.
Hoxe collín o consello, metino no bolso ca miña cámara de fotos, as chaves e un chisme de gloss para os beizos de sabor a amorodo. Púxenme un vestido bonito e deixei no armario eses pantalóns floxos tan cómodos, ós que miña nai ten alerxia, cos que levo toda a semana. Peiteeime como se fose persoa de novo e non esa adicta a internet e a series patéticas na que me estou convertendo.

Saín da casa cos cascos do mp3 postos mentres cantaba en baixiño "Baba O´Riley" dos "Who".
A cidade estaba chea de coches así que seguín andando, despois cheguei a unha calle chea de xente e seguín adiante... ata que atopei este camiño pequeno.



Ó final do camiño estaba o mar, bravo e azul. Respirei forte e senteime nunha pena, non sei canto tempo pasou porque non levaba reloxo. Cando David Bowie rematou de cantar "life on mars" xa so se escoitaban as ondas batendo na beira.

Sigo botando de menos o zume de laranxa das mañás, despertar polas noites e sentir a túa presenza, coserche o mesmo botón catrocentas mil veces, que sempre cae do mesmo pantalón.... pero hoxe... son un pouco máis feliz.



Grazas a todos os que me estades aturando ultimamente, e grazas polos vosos ánimos e a vosa compaña.

9 comentarios:

Antón de Muros dijo...

¡Qué bo estaba o mar!

Aledame que sexas "un pouco máis feliz" :-)

Saúdos.

Antón.

vacorinho dijo...

i love you honey bunny!

Chousa da Alcandra dijo...

Como que grazas?. E logo seica non recibiches o meu número de conta para pasarme os gastos de atención ou qué?

Hai ocasións nas que respirar o mar enteiro sana os pulmóns e airea a mente. E vestirse de bonito para un mesmo tamén aporta moita seguridade e autoestima.
Son esas pequenas cousas que nos sirven de combustible no día a día, incluso cando é costa arriba. Joder, esto de ser cura non o dou despegado nin siquera cando escribo no blog!!! Sermón tras sermón...


Ala, filliña, agora como penitencia tómaste un vermú e despois xa decidirás como pasas o resto da tarde.

Bicos (Agora em troques da palmadiña, damos bicos. Hai que modernizarse)

forragaitas dijo...

Alégrome.
Perderse por un camiño que vai dar ao mars,e sen reloxo, sempre é bo.


Unha aperta!!

Galega Na Varanda dijo...

"No hay nada permanente en este malvado mundo, ni siquiera nuestros problemas" Charles Chaplin. Tengo esta frase guardada en alguna esquinita de mi a veces desquiciado cerebro, en caso de necesitarla. Puede sonar a tópico, pero todo se cura. Pero claro, no hay cura que no duela...Muchos ánimos.

presidente das dijo...

cooooooomooooooooo? outra vez eses horribles pantalons?

vintxuca dijo...

Grazas Antón si que o son... e todos vos axudades cos vosos blogs que me manteñen entretida.

vacorinho...mans arriba!!!! isto é un atraco!

Chousa, a terapia vasma ter que fiar a non ser que aceptes (como dicía Radio Futura) a cartilla do paro heheheheheeeee!!!!!!!

Forragaitas sempre é un placer.

Galega na varanda gústoume a frase de Chaplin... como ves acabas de darme outro sabio consello, gardareino con cariño sen escondelo demasiado.

Presidenta.... non teño remedio... amo eses pantalóns!!!! despois de 30 tacos non me vas facer cambiar. Se non fixeches nada bo de min ata agora..... penso que xa non hai quen me amañe... de todas formas hai días nos que cambio o chip... xa viches.

Carlos Sousa dijo...

Cóllesme un pouco fora de onda, pero se vestirte de bonito e ir contemplar o mar che fixo un pouco máis feliz, non pérdala costume e faino máis a míudo (que por desgraza tempo tes).

Unha aperta

Raposo dijo...

Para min ollar a auga (dun rio, do mar...)reláxame e reconfórtame.
E axúdame a esquecer os problemas que, mais ou menos, todos temos.