07 octubre, 2009

Sozinha

Sozinha fixen unha viaxe nocturna.
Pechei os olhos cansa e botei a correr. Os meus pés batían forte no chan . A chuvia empapábame a cara, o pelo, a roupa. Corrín por unha estrada valeira no medio da escuridade, o único perceptíbel era ese cheiro ó chapapote recen mollado.
Ó final do camiño estabas ti, olhándome, cos pes secos e os teus olhos curiosos ben abertos. Pensando que facer, abrir a porta, que te mantén a cuberto, para deixarme entrar ou pechala tras de ti e saír ó meu encontro. Pasinho a pasinho pero deixasme sozinha.

7 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Sempre me resulta agradable percibir como non son eu só o que, ás veces, fai viaxes nocturnas cos ollos pechados. E todo elo sen axudas do mencía nin de vapores alucinóxenos...
Gustoume o que escribiches. Puntopelota!

maruxiña dijo...

a mín tamén me gustou, eu ás veces axúdome dunhas estreliñas galiza, pero tamén viaxo sen necesidade de nada, ¿qué terá a noite?

Biquiños rapaza

maruxiña dijo...

juas, perdeuse o meu comentario anterior, últimamente estanme a pasar cousas raras malas no mundo virtual.....

decía que eu tamén fago viaxes nocturnas, anque as veces me axudo dunhas estreliñas galiza jijiji

Biquiños rapariga!!!

Bolboreteira dijo...

Pois a min tamén me gustou o que escribiches...
Parabén Vintxu!
Un bicazo.

mario dijo...

AMOR DE TARDE
Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las cuatro
y acabo la planilla y pienso diez minutos
y estiro las piernas como todas las tardes
y hago así con los hombros para aflojar la espalda
y me doblo los dedos y les saco mentiras.

Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las cinco
y soy una manija que calcula intereses
o dos manos que saltan sobre cuarenta teclas
o un oído que escucha como ladra el teléfono
o un tipo que hace números y les saca verdades.

Es una lástima que no estés conmigo
cuando miro el reloj y son las seis.
Podrías acercarte de sorpresa
y decirme "¿Qué tal?" y quedaríamos
yo con la mancha roja de tus labios
tú con el tizne azul de mi carbónico.
Benedetti

vintxuca dijo...

Chousa: Grazas...é unha ledicia comprobar que aínda queda algún que outro sonhador nocturno. Boa viaxe!

Maruxinha biquinhos pra ti e pra Bolboreteira tamén.

Benedetti grazas por voltar da escuridade da túa noite pra adicarme unhas verbas tan fermosas. Nunca debiches marchar.

Antón de Muros dijo...

Non tódalas estradas chegan ao mar ;-)

Bicos.

Antón.