29 noviembre, 2009

Para Zaidinha


Con moita paciencia e coidado envolvín cada cousa nun papel diferente.
Primeiro engurrei as chaves da minha casa en papel celofán de cor vermelho.
En papel de cor azul, dúas cocacolas e unha bolsinha de tila.
En verde claro un segredo que só ti sabes e en verde escuro todas as bagoas que derramei e ti recolhiches.
No papel dun xornal envolvín a viaxe a O Porto.
Up, os mundos de Coraline, e un lote de pelis xaponesas de terror en papel cebola.
Os días trabalhando xuntas, cos arqueos de Caixa, ca ansiedade de cuadrar as contas e de sair a tempo, as voltas para a casa no coche e os cafés no Aquitania... envolvinos en papel charol de cor amarelo.
As risas na fundación, no estudio oitenta, na calhe onde berrabamos que íamos a alunizar...iso costoume un pouquinho máis, porque as gargalhadas escúrrense e resbalan entre os dedos, así que pegueinas como poiden en cartulina de cor laranxa.
As noites durmindo xuntas, o arrecendo a menta, as conversas a altas horas da madrugada e as potas de spaguetti a bolonhesa, recorteinas para que non rachasen o papel de seda.
En sobres de papel crespón metín as nosas cantigas, un cd da casa azul, cantigas de José Afonso, de Manolinho... e moitas máis que me recordan a ti.
Fotos e máis fotos e retales de libros, de discusións a cerca do Yoville, de Punset, dos nosos amigos os gatos, da fisura espacio-temporal que hai na cocinha da minha casa.... en papel de arroz.
Cando rematei de facer paquetinhos, metín todo nunha caixa que peguei con celo do Opencor.
Fixen unha lazada grande e outra pequena.
Este é o meu agasalho polo teu cumple, dín que rachar o papel da boa sorte. Así que ánimo e parabéns!!!!!!!!!

8 comentarios:

Antón de Muros dijo...

¡Qué bo agasallo! :-)

Bicos.

Antón.

maruxiña dijo...

a agasallada ten que estar ben contenta, menudo agasallo.

Moi bonito o post.

Biquiños rapaza!!!

Bolboreteira dijo...

Coincido!
Un fermoso agasallo, mellor imposible.
Parabéns para Zaidinha e para ti polo agasallo.
Un bico

Queiroa dijo...

Un bo agasallo para unha boisima amiga chin chin pola vosa amizade e outro chin chin polo teu cumple Zaida que este ano te traia todolos desexos bos que teñas. Felicidades!

Chousa da Alcandra dijo...

Únome á festa.
(Gustoume a lazada grande que se funde coa lazada pequena).

Bicos dende a Chousa

Anónimo dijo...

Quérote minha nena, MOITO MOITO MOITÍSIMO...Has de perdoar que non abrira o correo e agora me atopo cun dos mellores regalos que me fixeron nunca...non teño palabras para describir como me sinto...e non podo deixar de chorar...xa sabes que son tontiña...Gracias por aparecer no meu camiño e deixarme ir á túa beira dando pasiños...Espero que podamos seguire escribindo xuntas esta bonita historia :)

Quérote :)
Zaidinha

xenevra dijo...

Un agasallo para cada cor, unha cor para cada bo momento.
Precioso

Un saúdo

zeltia dijo...

qué bonito agasallo!
semellas ser unha rapaza con moita sensibilidade,
e por riba con capacidade para expresarse.
gustoume moito como escribiches esas cousiñas túas compartidas.