03 enero, 2010

TRIUNFAL ENTRADA DE ANO

Recibín o 2010 con dúas escordaduras no pé dereito, con dúas muletas, tomando dúas veces as uvas (a segunda pola tele de Canarias, pola nosa hora, a portuguesa).

Recibín o 2010 con dúas dúbidas, dúas lentillas, dous coloretes, un en cada meixela.
Bebín dúas copas de viño e outras dúas de champaña. Escarvei e rechupei dous nocos.
Dinlle ós meus, dous bicos ó son da última badalada.

Non entrei con bo pé pero espero saír airosa e chegar ó 2011 con mellor sorte.

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Míralle o lado positivo: as muletas teñen unha cor moi sexi e seguro que te meneas con elas que da xenio verte! :-)

Que axiña poidas rebechar non a catro, senón a dúas patas.

Bicos dende Chousa

Raposo dijo...

Pois que as boas cousas do ano veñan tamén por duplicado.
Dous bicos!!!

vintxuca dijo...

Moitas grazas rapaces!!!! Espero que tenhas razón Raposo e as cousas boas venhan a pares este 2010.
Chousa juapo...ti sempre ponhendolhe humor as cousas, moitas grazas polos ánimos.
Por certo, hoxe, por fin, van dez días das minhas escordaduras así que xa caminho sen muletas.

Casía dijo...

¡¡¡Pero que te pasó mujerrrrr!!! vaya vacaciones

makistakis dijo...

Hola, vintxuca.
Una pregunta, ¿me aceptas como seguidor?
No tienes NI idea, de las ganas que tenia de contactar con alguien de esa, TU preciosa, tierra, además me alegra publiques en tu lengua natal, considero muy importante que esta, nuestra España común, cada cual demuestre que el multiculturalismo y la diversidad lingüística e histórica, ES algo que nos une y enriquece.
No quisiera parecer, como algo pesado en este mi primer contacto con tígo, pero la verdad me impresiono.
Un abrazo, galleguita.
Mira vintxuca, te dejo la dirección de mis blogs por si deseas hacerte seguidora de alguno de ellos.
SALUDOS.


Ola, vintxuca.
Unha pregunta, se me pode aceptar como un seguidor?
Non ten idea de quen tiña o desexo de contacto con alguén que, a terra TU preciosas, ademais Estou feliz de pór a súa lingua nativa, que considero moi importante que iso, a nosa España común, cada un que demostran que a diversidade lingüística e multiculturalismo , historia e cultura é algo que une e enriquece.
Non quero soar como algo abondo no meu primeiro contacto con vostede, pero realmente me impresionou.
Un abrazo, Galleguita.
Vintxuca Mira, eu vou deixar o meu enderezo do blog, se queres facelo un seguidor de ningún deles.
SALUDOS.

http://esperandoqueescampe.blogspot.com/

: http://esperandolalluvia.blogspot.com/:

Carlos Sousa dijo...

Como vai eso? Xa aparcarías as muletas, non?
Que todo iso que fixeches por duplicado che traian sorte para este ano.

Bicos

Chousa da Alcandra dijo...

Pregúntome se ti, en realidade, escribirías no blogue cos pés...Sendo así, claro, as muletes teñen que ser un incordio para postear, si...

;-)

Antón de Muros dijo...

Que mellores axiña :-)

Unha aperta.

Antón.