Xa son 26 aniños os que cumple a miña irmá hoxe 21 de xaneiro. Trocou as cores vermellas e verdes do semáforo pola raia negra nos ollazos e polos vestidiños ideais, pero no fondo sigue a ser a mesma rabuda de sempre, a que lle comía a miga as barras de pan sen que se notase, deixandoas baleiras por dentro, a mesma que mordía as caixas dos vinilos do meu pai, a que xogaba conmigo día e noite, a que choraba para que lle puxeran falda todas as mañás antes de ir ó cole, a que facía conmigo bailes, actuacións e películas caseiras, telediarios e trucos de maxia.
Cando sabes que estou nerviosa e pasando por malos momentos, fasme compañía e durmes conmigo. Mil grazas dende os pompóns azulgrana dos meus zapatos ata o gorro que levo na cabeza.
21 enero, 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Parabéns para a irmá-compañeira :-)
Bicos.
Antón.
Deberíades ir vestidas sempre así. Estades juapísmas as dúas!!!
Felicitacións para a rabuda logho.
Bicos para ti
Que foto tan chula!
Parabéns para túa irmá, eu tamén facia eso co pan e choraba pq queria levar falada ou vestido tódolos días.
Bicos para as dúas! E bo día de cumpre par a irmá de Vintxu.
Obrigada irmá!!!
Vamos vellinhas!!!
Cánto te quero diorrr miiiioo!!!
Grazas Antón...si que é unha boa irmá-companheira a que me tocou.
Chousa...eu xa vou vestida así normalmente, o de pallasa é o meu traxe dos domingos, parece mentira que non caeras na conta...
Bolboreteira, seguro que a ti non te chamaban Jorgito. Esa era a verdadeira razón pola que a minha irmá pedía falda todas as manhás!
Sabe quérote!
Pois moitas felicidades a tua irmá,mais vale tarde que nunca.
Agora xa rillaralle as tapas dos cedes,non je je je.
Grazas polo comentario xa estas fichada.
Saúdos dende o Condado
Publicar un comentario