14 junio, 2010

Cando perdemos un amigo.....

Cando te fuches empecei por botar de menos as veladas nocturnas na túa casa, estudando historia ata as cinco da mañá, eu sentada no teu sofá co teu xersei posto, morta polo frío do inverno.
Despois botaba en falta a túa risa, que enchía a casa enteira. O resoplar e as tardes a túa beira. Vagueando eu, dicindo ti "pequena, hai moito que facer".
Ese xesto que tiñas cando apartabas o teu pelo longo de diante da cara e descubrías eses ollos máis azuis que o mar inmenso.
O son da armónica que tocabas mentres volvíamos para casa e o son das rodas da túa bicicleta atravesando o xardín.
Os concertos de Jazz e as tardes de cine.
O limpiña que deixabas a miña casa despois de vir cociñar.
Os retratos que me facías a carbón, con ollos tristes e mirada perdida, que ninguén máis ca ti era capaz de atopar. Porque ti falabas para dentro, para ti, murmurabas sin que ninguén te escoitase, pero adiviñabas os meus pesares.
Boto de menos as túas verbas, as noites de escapada facendo fotos. A maneira que tiñas de dicir as cousas sen falar.
Boto de menos non durmir, voar contigo ata Lisboa nun avión de papel feito con escritura en Braille, mentres atravesamos un ceo cheo de moedas e fotos de estradas imposibles.

10 comentarios:

Bolboreteira dijo...

Fermosa entrada...que morriñenta me puxen..Sí, Faise duro ir deixando xente polo camiño...botanse de menos tantas cousas..tantos momentos..
Ainssss!!
Bicos.

paideleo dijo...

Sempre quedan lembranzas fermosas para cicatrizar esas feridas de pérdida.

Chousa da Alcandra dijo...

Ogallá que a tristura que evoca hoxe a túa escrita atope un lóstrego de acougo ó textualizala. Así o desexo con un bico que envío ó encontro dese avión de papel que atravese o ar...

Carlos Sousa dijo...

Esas cousas sempre se botan de menos e son duras. Polo menos sempre che quedará o recordo do vivido, e pensar que eses tempos poden voltar, independentemente da causa da perda do amigo.

Unha aperta

albixoi dijo...

Síntoo. Apertas.

A nena do paraugas dijo...

Os bos amigos nunca se perden. Deles que da sempre ese aire morno que acariña a lembranza.

Un pracer lerte.

Un saúdo.

vintxuca dijo...

Bolboreteira, canta razón tes.... Faise moi duro perder amizades que realmente merecen a pena, pero como di paideleo sempre quedan lembranzas fermosas.
Aínda que dos recordos non se vive...intentrei cambiar un chisco o chip xa que levo un tempo algo melancólica e sensibleira de máis.
Collido ó voo, envío tamén eu outro beijinho para Chousa.
Carlos...a minha loita para que eses tempos volvan é continua pero remátanse os recursos jejeje!!!!!
Grazas Albixoi.
Nena do paraugas...un pracer terte por estes lares....Devolverei a visita.

Raposo dijo...

Os amigos de verdade nunca se van de todo, algo desa amizade e deses bos recordos sempre perduran.
Bicos.

Cuspedepita dijo...

O tempo cicatriza as feridas e dalle outro valor a todas as lembranzas.
A vida non se para, e só temos unha. Non podemos pasala cos ollos no pasado. Por diante hai moito por vivir.
É difícil, pero debemos aprender a desprendernos e valeirar as nosas alforxas para deixar entrar nas nosas vidas o bo e novo que nos depare o futuro.

Apertas

LM dijo...

e ao cicatrizar há novos caminhos á nossa espera...
beijinhos