23 abril, 2008

OS SANTOS

OS SANTOS
Coñecín a dous de eles no mellor momento das nosas vidas, cando non tiñamos que traballar, nin cociñar e tiñamos todo feito, claro que tiñamos 4 anos.
Estes rapaces non deixan de sorprenderme cas suas actuacións, a última a que asistín foi mortal salvo por un pequeno problema o final do concerto cando se dispoñían a tocar os bises. O cantante saltou o chan ca guitarra e arrastrou con el o cable, o ampli, e case parte do escenario mentres os fans aplaudíamos como tolos (como o que somos).
En fin, Voltade pronto a Coruña que os vellos amigos botan de menos o espectáculo.

1 comentario:

Sabela dijo...

Que razón tes!! da mellor xente que conhecimos e conheceremos, temos bos recordos para escribir un par de libros.

bicos grandes Vintxu!!