20 junio, 2008

"OPÁ, YO VOY CON PORTUGÁ"

Chega o verán, rematan os programas e as series que nos acopañaron no inverno, e nos despiden ata a próxima tempada.
Empeza a Eurocopa, e os programas que non marchan de vacacións cambian os seus títulos e añaden o típico "de verano" como "corazón corazón" que se transforma en "corazón de verano", ou transformaba porque non sei sequera se segue existindo.
O caso é que non hai nada que ver pola televisión que sexa de proveito, salvo excepcións, claro está:


Este foi o lema elexido por "El intermedio" o programa do Gran Wyoming e a súa tropa, na sexta, para facer da Eurocopa algo máis divertido do que acostuma ser.
Ademáis é de agradecer poder ver algo na tele que non sexa futbol, ou programas que comentan a Eurocopa, que o fin e o cabo, segues a ver máis do mesmo.
Este programa é ameno, e podes botar unhas risas co tira e afloxa que se trae Wyoming ca súa reporteira Thais Villas, ou ca rivalidade con Buenafuente, recíproca, por certo, xa teñen ata bromiñas entre eles.

Pero o que en realidade me deixou "fuertemente" consternada é saber que o xoves que ven, día 26, remata "O show dos Tonechos" e que ata setembro non os temos de volta "papá macho, que vou faser..."

Mentras esperamos a que volvan podemos, decidirnos por ver menos a tele e aproveitar para pasar mais tempo xuntos, facer un par de paparotadas, ir a praia, ou incluso facer unha escapada de fin de semana a... "Portugá"

No hay comentarios: