18 junio, 2008

A GRECA ESTÁ DE VOLTA

Os grecos voltaron de Londres o xoves pasado, con unha morea de cousas que contarnos, así que os que seguimos case diariamente o blog "O bar de abaixo" xa podemos volver a disfrutar das aventuras da nosa Lois Lane particular.

As miñas viaxes ultimamente foron bastante axetreadas, cando voltei de Roma, sen ir mais lonxe, ETA acababa de rachar a tregua cun atentado na T4, polo tanto vivimos un desaloxo para a pista de aterrizaxe que parecía interminable.

No verán fumos a Tenerife, a casa do meu amigo Jes, marchei medio acatarrada e estiven case dous días sen escoitar nada e con dor de oidos por culpa da aterrizaxe, sen falar da cousa rara que nos saiu na pel, así foi como descubrimos a pachorrudez dos médicos de aqueles lugares, e dos dependientes, e dos taxistas, dos canarios en xeral...

O verán seguinte marchamos a Euskadi, unha viaxe preciosa en coche, ata Bilbao, Guernika, San Sebastian, Irún, pasando pola fronteira ata chegar a Francia e a volta, paramos en Gasteiz. Foi en pleno agosto, as nosas maletas iban cheas de sandalias e roupa de verán, e non parou de chover nos sete días. Tivemos que mercar botas para todos e uns impermeables de cores, que por certo eran xigantescos, e subirnos nun guiri-bus para ver Donostia, mais ben para intuilo.

En setembro marcha sapiño a Inglaterra a traballar un curso enteiro, e quero ir a vela, así que vou ter que facer un conxuro contra as meigas, sapos, bruxas e curuxas, e tomar unha queimadiña antes de coller o avión para non ter ningún contratempo.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

vintxu,gazania apuntase a visita

Anónimo dijo...

si,si apuntome ainda que teña que levar eu a cabina vermella

vintxuca dijo...

Non creo que faga falla, pregunteille a Greca por elas porque chamaban a miña atención , son divertidísimas, tiña curiosidade por saber si as teñen porque son típicas ou se as utilizan, se hai moitas ou hai duas ou tres para ver. Contestoume que hai moreas delas por todo Londres e que ainda que tamén hai das novas, estas ainda se deixan ver, asi que non temos que levarnos unha para facernos a típica foto de cabina.

Anónimo dijo...

Pois menos mal que ainda quedan cabinas das de antes, vou ter que marchar a vivir a Londres con Sapiño, porque a min cóstame moito poñerme o traxe nas cabinas novas, son moi pequenas e a maioría son todas abertas, é dificil adaptarse as novas tecnoloxías.

Greca dijo...

De feito, eu en Donostia merquei unhas katiuskas de flores preciosísimas e como tiñamos os pés tan tan mollados tivemos que ir –mentres D probaba uns zapatos– a unha tenda do lado a mercar calcetíns. Tamén descubrimos a escasez de zapaterías que hai nesa cidade. ¿Lembrádesvos de cando D despareceu en busca dunha e logo non nos atopaba? Iso foi no bar no que ti, Vintxuca, ilustraches cunha foto o chiste do bar de pinchos.

vintxuca dijo...

Probe vacorinho, non pudo probar nin un só pincho,foi el o que esgotou todo o aquarius de Euskadi, por iso non había nin unha soa botella, eso si, melocotones "peladitos" comimos a esgallo.
As katiuskas da greca foron unha triunfada.