Aquí a tedes, disfrutando do tema....
31 julio, 2008
PASAPORTE GATUNO
Aquí a tedes, disfrutando do tema....
Regalos
Este ovo dín que se o regas unha vez por semana, nacerá unha plantiña, mantereivos informados.....pero se logro que medre, chamareille "Marisol" e faralle compañía a Genoveva e a Genoveva Junior (son as que teño agora na casa e son nai e filla), tamén estaba Pilarica pero a pobre non durou moito tempo...
Este é outro dos agasallos que recibín, según Ameneiro son "moi Patachín", para os que non o coñezades, o Patachín e un bareto que teño o lado da casa, que ten moda propia, a xente Patachín leva flequillo recto, Converse All Star, pantalóns pitillo, e pasminas ou palestinas de todas as cores... entre outras moitas outras cousas, para moitos o Patachín é como un segundo fogar, unha prolongación das súas casas....
29 julio, 2008
felicidades yago

Feliz cumple Yago.
Fago como fixen con Antón, dedícoche unha foto e unha cantiga. A foto xa ten un tempo, saimos guapos aínda que algo desenfocados.... e a cantiga, aínda que repito, porque xa a puxen nunha ocasión en este blog, é a que máis me recorda a ti.
"Grândola, vila morena Terra da fraternidade, O povo é quem mais ordena Dentro de ti, ó cidade.Dentro de ti, ó cidade O povo é quem mais ordena, Terra da fraternidadeGrândola, vila morena. Em cada esquina um amigo Em cada rosto igualdade, Grândola, vila morenaTerra da fraternidade.Terra da fraternidade Grândola, vila morena Em cada rosto igualdadeO povo é quem mais ordena. À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade Jurei ter por companheira Grândola a tua vontade.Grândola a tua vontade Jurei ter por companheira, À sombra duma azinheira Que já não sabia a idade".
Felicidades Antón

Como non, vouche facer un regalo, dedícoche esta canción porque "Is there a time for first communion" e porque eres máis raro cun can verde.
28 julio, 2008
Cumpreanos no Castro 25/07/2008
O tempo non acompañou e non poidemos estrear a rede e a pelota de bolei para a piscina, pero iso queda para a próxima festa que fagamos.

Aquí tedes os mellores momentos.
Bimba, condenada!!!! Como te pos cos teus pezós!!!!!!!!!
O menú:
Patacas e aceitunas
Empanada
Lacón asado que trouxeron Antón e Carol de "Cambridge"
Embutidos e pan
Cervexaaaa, moita cervexa e barra libre!!!!
Bola de Nata e Licor de Oruxo que trouxeron Ali, Cris e Laura.
Despois da foto dos grecos continuamos cas mellores fotos parexiles.
Aqui temos a Antón (o meu afillado) e Carol
Os da dereita son Zaida e Antón
Jorge e Maruchi juapos coma soles.
E Dolo e Oscar que por fin chegaron a cea...
A QUEIMADA
Grazas a Carmen, Zai, Roci, Martita, Maru e Jorge, David e Mene por axudar, e o resto por vir e por todos os agasallos sorprendentes.
Aquí tedes o enlace para descargar as fotos os que as querades.
http://picasaweb.google.com/vacorinho/OCastroEReketequiN
Rematamos ca cervexa pero quedou xinebra, güisky e ron que aproveitaremos para outra merenda.
Ata a próxima!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
24 julio, 2008
XOGANDO AS BONECAS
Aínda recordo cando xogaba cas bonecas, a miña sempre se parecía a Kelly a de Sta Barbara ou a Romy Schneider cando facía de Sisi Emperatriz. Despois tiven a época moderna e quería parecerme a Olivia Newton John cando rizaba o pelo e se despendolaba toda cantando "you´re the one that I want" con John Travolta.As miñas bonecas sempre eran moi independientes, tiñan 16 anos, estaban casadas e con fillos, tiñan casa propia, non pagaban aluguer, nin tampouco unha hipoteca e nunca estaban sen coche, antes de descubrir o descapotable da Barbie, que tiñan as miñas veciñas, habilitáballe o autobús de playmobil. Sentada e cas pernas para adiante, era como o que agora ten un sin carnet.
O martes cumplín 29, son unha anciana para a miña Barbie malibu, estou solteira e sen fillos, Bimba no
n conta, teño que aguantar a "Mr Borne" tocando o carallo todos os días na oficina, e non podo pasar as tardes de compras, ligando con Ken e sentada no chalet da Chabel, que por certo quedábame algo escaso. Non teño esas tetas tan erguidas, nin camiño de puntillas.Cando saio pola noite, volto feita un cuadro, póñenseme os pelos electrizados e a maquillaxe aseméllase a da novia cadavere.
A Sisi Emperatriz nunca lle pasaría tal cousa cos seus ollos ideais, con esa sombra de ollos azul ceo.
22 julio, 2008
Feira Medieval
O venres vimos o desembarco, no que colaboraron persoaxes como o noso querido Yago Coronilla, http://polomarabaixo.blogspot.com/
Ganou o de Corcubión por se quedaba algunha dúbida.
Os máis freakis (sabe, Vacorinho e Olaia) perderono por ir a ver a "aquel que non debe ser nomeado" a Noia.
O sábado nada máis erguernos baixamos a almorzar a terraza do Pazo, despois puxemonos os atuendos medievais e saímos a plazoleta a poñernos morados de sardiñas, pementos de padrón, xamón asado, e moitas cousas ricas.
Aqui tedes un pequeno resume, en imaxes, do que foi.
Unha pena non ter a banda sonora porque era digna de escoitar.
Iria e Javi parecen "los Bekham"
O principe de Bequelar é Susín.
Aínda non entendo que facía Rocío dando de beber cervexa aos cabalos.
Fai 29 anos

Nacín un domingo 22 de xullo de 1979. Que era o día xuliano 2444076.5.
Según esta páxina que atopei, os meus pais pasárono en grande concebíndome o domingo 29 de octubre de 1978.(Seguro que foi en Ortigueira e por iso quedoume ano tras ano, na partida da universidade o de "Natural de Ortigueira", e ainda que o cambiara, volvía aparecer no seguinte curso.)
Son cáncer, pero no horóscopo chino son una cabra (que ten máis que ver conmigo que o da nécora) e parece ser que a miña planta é a frambuesa.
Este ano Michael Ende (escritor alemán) escribiu un dos meus libros favoritos "La Historia Interminable" que despois a miña nai me leía todas as noites, antes de durmir.
Dende el 22/07/1979 teño:
29 anos
348 meses
1.513 semanas
10.593 días
254.354 horas
Estas eran as cantigas que soaban en aquel momento:
My Sharona by The Knack
Bad Girls by Donna Summer
Da Ya Think I'm Sexy? by Rod Stewart
Miguel Bosé: Chicas
Hot Stuff by Donna Summer
I Will Survive by Gloria Gaynor (xa me parecía)
Betty Missiego: Mi canción
O meu día da sorte é o luns ( a sorte da resaca, esa si foi boa)
Os números da fortuna o 2 e o 7.
O meu planeta é a lúa.
O meu signo oposto é capricornio.
There are 365 days till your next birthday on which your cake will have 30 candles. (esto non o vou a traducir PORQUE ESTÁ POSTO A MALA BABA)
Quedanme 156 días para nadal.
Cando nacín a lúa estaba en fase crecente. (Por iso teño tanto pelo)
Aquí tedes a freaky-páxina por si queredes probar: http://www.paulsadowski.com/BirthDay.asp
O que si sei é que cando decidín sair, era mediodía e a miña nai quería comer de calquera maneira, claro está, non a deixaban porque acababa de dar a luz e tiña que pasar un tempo prudencial.
Será por iso que saín tan tragona??
17 julio, 2008
Os blablablacocos

Este é un cultivo de blablablacocos (estafilcocos en realidade, como diría o meu tan lonxano profe de ciencias, Sequeiros).
O único que sei de estes bichos é que son microorganismos e que forman parte do reino das bacterias.
Os antibióticos utilizanse para tratar infeccións por micoorganismos e ademáis inhiben a reproducción de máis bacterias.
Parece ser que a elección de un ou outro antibiótico no tratamiento dunha infección, depende do microorganismo (obtido por cultivo ou suposto pola experiencia), e dunha morea máis de cousas...
Así que, imaxino o meu corpo cheo de bichos redondos, con cara de ofuscados (o de poñerlle cara é opcional) loitando con espadas láser como na Guerra das Galaxias.
Os antibióticos foron descubertos como productos de outros microorganismos (xérmenes), pero poden ser modificados químicamente para mellorar a súa efectividade.
Agora imaxino un bicho redondo con cara de blablacoco, con espada láser e modificado químicamente... me falte la luna!!!!
Dóeme a gorxa! é a primeira vez que me pasa unha cousa a si no verán, pero unha vez máis, sobreviviremos...
15 julio, 2008
14 julio, 2008
CULTURA QUENTE

Esta fin de semana fumos ata Caldas de Reis, lugar onde se celebrou "Cultura Quente".
Alí disfrutamos os concertos de Koacha, Café Tacuba, The Sundays Drivers e Vetusta Morla.
Teño que agradecer, en primeiro lugar, a Jorge e a "Marron" a súa adopción durante as dúas horas que perdín a todos os meus.
A estos dous novos amigos de Santiago, que me surtiron de cervexa e caramelos, unha aperta moi grande.
O señor Albornoz de Tranfución tamén fixo acto de presenza, pero non estaba moi falador, segundo dixo, estábase reservando para a feira medieval de Corcubión, ademáis de estar afónico perdido.
E para rematar, a sorpresa final, Vacorinho e a miña irmá levaban toda a semana falando da actuación de un tal "Sr X", na noite do sábado, que foi a noite que fumos pra o festival.
Lord Voldemort podería ser o "Sr Xoel", pero eu estaba tranquila porque sabía que actuaba o venres. Xa sería o colmo que o fixera dous días seguidos, nin nos meus peores pesadelos!!!
Pero entonces, sucedeu, a actuación resultou ser o sábado. Non o podía creer, mentres Vacorinho tapaba ca man o titular do xornal onde estaba a ver a noticia, unha sensación de impotencia percorría o meu corpo.
A boa noticia, a xira "cortate las venas" remata en novembro, se fago un esforzo e deixo de acudir a festivais ata novembro, teño unha probabilidade dun 0,0000 de volver atoparme a aquel "o cal non debe ser nomeado".
En principio, o venres 18, aturuxará en Noia, lonxe de min, os freakis de Vacorinho, Oli e Sabe, alá van a velo, pero eu estarei no medievo, onde ainda non existían as guitarras eléctricas, nin os micros.
O mellor, a actuación de Budiño, que estivo impresionante, e os bocatas de chourizo asado.
O peor, o prezo das bebidas e ter que ver de novo ao "Sr X"
Por certo, recoméndovos esta páxina a todos aqueles que sexades fans de Deluxe.Ides atopar cousas moi interesantes.
http://commonpeoplemusic.com/xoel-strikes-back/
E aquí tedes o enlace para descargar as fotos. Disfrutádeas.
http://malasideas.wordpress.com/2008/07/14/cultura-quente/
http://malasideas.wordpress.com/2008/07/14/fotos-cultura-quente/
11 julio, 2008
O MANIFESTO

- Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.
- Si, pero tiene un acento tan gallego!...
Castelao
Que está pasando co "Manifiesto de la lengua única" www.elpais.com/articulo/opinion/manifiesto/Espana/elpepiopi/20080707elpepiopi_12/Tes
A ver se podedes explicarmo, porque non alcanzo a comprendelo.
Basicamente, o manifesto dí que o castelán pode ser imposto nas comunidades bilingües, mentres que o galego simplemente pode ser impulsado ou "estimulado".
O Manifesto sostén que a normativa debe fixar que o castelán é "común y oficial" a todo o territorio e a única lingua que pode ser comprendida por todos os españois.
Xa se sabe que o galego é para cantar a Rianxeira e para falar ca familia, despois non se pode empregar pola calle, así é como eles se ven importantes, impoñendo o seu caracter fascista, porque o final se os vascos, os cataláns, os galegos e todos aqueles que temos unha lingua propia faláramos, escribíramos en esta lingua e non empregáramos ningunha outra, quen coño iba a quedar???
Estes (os intolerantes que presumen de esta trapallada) espanhois son unha minoría mingurriana con ganas de "tocar los cojones". Haberá que dicirllo no seu idioma por iso de que non entenden.
O manifesto é super democrático, si señor, sobre todo empregando términos como "imposición", ou dicindo tremendas barbaridades como "contar con una lengua política común es una enorme riqueza para la democracia"
E logo falan da Galiza profunda como inculta, os que din que non entenden o galego e son de Villalba, de Mujía o de la Costa de la Muerte. Eu sei falar galego, e sei falar castelán, ti so coñeces o espanhol, pero eu son a ignorante.
Ademáis o manifesto afirma atrocidades como que os funcionarios de esas comunidades deben coñecer o castelán, en troques, non é necesario que todos coñezcan a outra lingua oficial. Pa que oh!!
Se Franco erguera a cabeza, volvería a baixala moi tranquilamente, vendo que estamos nas mesmas.
Aquí tedes unha boa resposta:
http://www.aelg.org/GetNewnessById.do?id=66
Pódese adherir individualmente a este manifesto enviando un correo a oficina@aelg.org
Outros recunchos onde podes discutir o tema.
http://www.fotolog.com/soyuz_nerushimi/48583786 Soyuz Nerushimi e os cans da chuvia.
http://obardeabaixo.blogspot.com/2008/07/manifestos.html O bar de abaixo,
Feliz cumple María
Como eres cáncer coma min, adícoche unha tarta especial, a máis larpeira que atopei.
Agardo podamos celebralo moi pronto. Biquiños.






